Mendibil

Nome do enclave: Mendibil
Categorías de protección: Este enclave queda recollido como Solo Non Urbanizable de Protección polo seu Valor Ambiental, Humidais, no Plan de Ordenación do Territorio “Navarra Atlántica” de Navarra.
Localización: Zugarramurdi
Rexión: Navarra
Coordenada de referencia: 30TXN1790
Superficie do humidal: 4,4 hectáreas
Altitude: 520-524 m

Ver mapa

 
Este enclave, que se atopa en bo estado de conservación, é unha área de 4,4 ha que alberga pequenos enclaves turbosos de menos de 2100 m2

Alberga comunidades de Hypericum elodes e Potamogeton polygonifolius nos regueiros, comunidades de Sphagnum auriculatum e Narthecium ossifragum nas áreas encharcadas das beiras, xunqueiras de Juncus acutiflorus e Scutellaria minor e queirogais con Erica ciliaris.

Destaca a presenza dos Hábitats de Interese Comunitario “6410 Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosos (Molinion caeruleae)” e “7140 ‘Mires’ de transición”.

VALORES MÁIS RELEVANTES

Singularidade
O enclave de Mendibil destaca pola presenza dos Hábitats de Interese Comunitario 6410 e 7140, e de flora vascular de interese.

Valores biolóxicos e ecolóxicos
Respecto á flora, é salientable a presenza de Rhynchospora alba.

Valores históricos e paleoecolóxicos
Os hábitats higroturbosos de Mendibil non contan con depósitos relevantes dende o punto de vista paleoecolóxico.

Hábitats de Interese Comunitario

Hábitat
4030 Queirogais secos europeos
6230* Formacións herbáceas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas
6410 Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosos (Molinion caeruleae)
7140 ‘Mires’ de transición

 

Flora
Rexistráronse 49 especies (39 vasculares e 10 briófitos). Respecto á flora existente en Mendibil, destaca a presenza de Rhynchospora alba.

Fauna
Non se conta con información específica sobre fauna asociada ao enclave de Mendibil.

ESTADO ACTUAL

O enclave, que se atopa en bo estado de conservación, está frecuentado polo gando, pero atópase moderadamente pastoreado e pisado. O único elemento que pode supoñer unha ameaza na conservación do enclave é o aumento da presión do gando e o seu efecto de pastoreo e remoción do solo.

DIRECTRICES PARA A XESTIÓN E A CONSERVACIÓN

Para a conservación do enclave deberíase desenvolver un programa de vixilancia e prevención, que serviría para detectar posibles aumentos nos efectos que ten o gando sobre o solo. Tamén se deberían regular outras prácticas relacionadas co uso gandeiro, como as rozas e o uso do lume.