Anue

Nome do enclave: Turbeira de Anue
Categorías de protección: Inclúese no LIC ES2200018 Belate. Queda recollido como Solo Non Urbanizable de Protección polo seu Valor Ambiental, Humidais, no Plan de Ordenación do Territorio 3 “Área central”.
Localización: Anue
Rexión: Navarra
Coordenada de referencia: 30TXN15.
Superficie do humidal: 2,74 hectáreas
Altitude: 900 m.

Anue 1

 
Este enclave sitúase nunha zona de ladeira con orientación oeste, onde se atopan as fontes de auga visibles e un relanzo que está ao pé destas abas.

As ladeiras non son homoxéneas, a zona central é máis seca, posiblemente debido a unha menor profundidade do solo ata a rocha subxacente, o que permite o desenvolvemento de queirogais-folgueirais con piñeiro silvestre. En cambio, as zonas laterais son máis húmidas, con desenvolvemento de áreas encharcadas e presencia de Eriophorum angustifolium,

O relanzo está cuberto por unha vexetación relativamente homoxénea, con grande desenvolvemento do tapiz de esfagnos, Eriophorum angustifolium e Erica tetralix. Poden distinguirse dúas zonas, a situada máis ao sur, que é a de maior extensión e máis chaira, e onde o depósito de turba probablemente alcance a maior profundidade. Esta zona ten un fluxo difuso, salvo no bordo sur, onde se desenvolven xunqueiras de Juncus effusus. A zona chaira situada máis ao norte del ocupa unha zona con algo máis de pendente que a norte, o que permite o desenvolvemento dun cauce central de fluxo continuo. Ambas as dúas áreas fóndense cara ao W xusto antes de rematar bruscamente nun salto sobre a ladeira inferior, xa cun regueiro definido e sen áreas encharcadas.

Existe un punto especial onde conflúen augas das ladeiras e da zona central, o que fai que sempre se ache moi encharcado, e dominado polo tapiz de esfagnos.

Débese sinalar a presenza de piñeiro silvestre e de bidueiro nos bordos máis influenciados pola auga deste enclave.

VALORES MÁIS RELEVANTES

Singularidade
É unha das turbeiras máis importantes de Navarra, e unha das dúas inequivocamente activas.

Valores biolóxicos e ecolóxicos
Destaca a vexetación de áreas encharcadas, que se describe como Eriophoro angustifoliiSphagnetum rubelli, e a presenza dunha comunidade de Rhynchospora alba. É de salientar a presenza de Pinus sylvestris e Betula pubescens subsp. celtiberica, que poderían considerarse próximos a unha turbeira boscosa (91D0*) aínda que extraordinariamente empobrecida por razóns de clima e orientación.

No que respecta ás especies vexetais, é de salientar a presenza de Trichophorum caespitosum subsp. germanicum, Eriophorum angustifolium e Cephalozia connivens (hepática indicadora de ambientes turbosos antigos).

Valores históricos e paleoecolóxicos
O enclave posúe un depósito de turba profundo (máis de dous metros), aínda que se atopa sen estudar.

Hábitats de Interese Comunitario

Hábitat Nome
4010 Queirogais húmidos atlánticas setentrionais de Erica tetralix
6410 Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosos (Molinion caeruleae)
7140 ‘Mires’ de transición
91D0* Turbeiras boscosas

 

Flora
Este enclave é bastante pobre en canto a diversidade de flora vascular; o máis destacable é a abundancia de Rhynchospora alba e Eriophorum angustifolium, e a presenza de Trichophorum caespitosum subsp. germanicum nas áreas encharcadas das ladeiras.

Detectáronse 31 taxóns de cormófitos e 8 de briófitos (5 deles esfagnos).

Fauna
Neste enclave atópase a lagarta das brañas (Zootoca vivipara), clasificada como “Case Amenazada” pola UICN, e incluída no Listado de Especies en Réxime de Protección Especial a nivel estatal

 

ESTADO ACTUAL

A turbeira atópase en moi bo estado de conservación e non se aprecian ameazas na actualidade

DIRECTRICES PARA ALA XESTIÓN E A CONSERVACIÓN

Dado o bo estado do enclave, para conseguir os obxectivos de conservación a establecer un plan de vixilancia e prevención, sobre todo para evitar unha aumento da presión gandeira, sen permitir a intensificación e calquera tratamento de mellora de pastos, e a protección da hidroloxía, impedindo as iniciativas de drenaxe na zona, os desvíos dos cursos de auga naturais e o afondamento das súas canles ou a construción de captacións de auga.

Deberase considerar tamén a posibilidade de crear un perímetro de protección libre de actuacións forestais e de construción de pistas, ademais de proceder á protección do arquivo histórico do depósito de turba, e prohibir calquera tipo de explotación do depósito turboso e aproveitamento da turba, mesmo as escavacións ocasionais e de tipo doméstico

Dada a importancia e bo o estado no que se atopa o enclave, é moi interesante a mellora do coñecemento a través da realización dun estudio integral. Este debería incluír estudios hidrolóxicos, paleoecolóxicos (tanto palinolóxicos como de macrorrestos), de química e descrición do depósito de turba, así como faunísticos. Deberase atender á presenza de tapetes bacterianos que se ven nas masas de auga, polo que sería interesante realizar estudios microbianos e bacterianos.

FOTOS

Anue 2

Anue 3

Anue 4