Warning: Use of undefined constant CONCATENATE_SCRIPTS - assumed 'CONCATENATE_SCRIPTS' (this will throw an Error in a future version of PHP) in /home/territo7/public_html/lifetremedal.eu/wp-config.php on line 75
Xuriain « Life Tremedal

Xuriain

Categorías de protección: Inclúese no LIC ES2200018 Belate e queda recollido como Solo Non Urbanizable de Protección polo seu Valor Ambiental, Humidais no Plan de Ordenación do Territorio 3 “Área Central” de Navarra.
Localización: O enclave sitúase no termo municipal de Anue, xunto ao límite de Esteribar na ladeira este.
Rexión: Navarra
Coordenada de referencia: 30TXN1765
Superficie do humidal: 2,74 hectáreas
Altitude: 1320-1395 m
Ver mapa

Xuriain
 
Este enclave, de grande orixinalidade por ser o único enclave ombrotrófico en Navarra, é unha área de 2,74 ha situada nunha ladeira no alto do cumio do monte Xuriain e orientada ao N-NW.

Debido a esta situación a auga que alimenta este enclave só pode proceder das precipitacións e néboas (de aí o carácter ombrotrófico do enclave).
Atópase moi degradada xa que na zona se realizaron queimas como medida de xestión dos queirogais e apenas conserva vestixios da flora e fauna características das turbeiras. As características da flora e a orixe da auga indican condicións de oligotrofía.
Inclúe dous niveis de gleras de bloques de pedra de gra entre as que se integran relanzos con substrato de turba pouco potente, a excepción dunha zona situada ao pé do primeiro nivel de glera, con 45 cm de turba composta por restos de esfagno. Na zona con maior profundidade de turba fórmanse montículos entre 25-40 cm de altura, con arando e Sphagnum spp.
No segundo nivel de glera desenvólvese unha breixeira moi húmida, con montículos entre 20 e 30 cm de altura, con Leucobryum glaucum na actualidade.

VALORES MÁIS RELEVANTES

Singularidade
É o único enclave claramente ombróxeno detectado en Navarra.

Valores biolóxicos e ecolóxicos
Florísticamente, é de salientar no apartado de briófitos a Lophozia incisa como novidade para o catálogo brioflorístico de Navarra; a segunda localidade Navarra para Kurzia trichoclados e a presenza relativamente abundante de Racomitrium lanuginosum, un brión de carácter atlántico e aerohigrófilo.
No referente a vasculares e a hábitats, cabe dicir que a zona perdeu en gran parte o seu interese tras as queimas.

Valores históricos e paleoecolóxicos
Os hábitats higroturbosos do enclave de Xuriain non contan con depósitos relevantes dende o punto de vista paleoecolóxico.

Hábitats de Interese Comunitario

Hábitat Nome
4030 Queirogais secos europeos
6230* Formacións herbáceas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)

 

Flora
No cumio de Xuriain existen citas antigas de Huperzia selago e Trichophorum caespitosum subsp. germanicum aínda que a súa presenza non foi comprobada recentemente.
Rexistráronse 20 especies de vasculares e 16 especies de briófitos.

Fauna
Non se constatou a presenza de fauna propia de turbeiras ou medios turbosos

ESTADO ACTUAL

O enclave actualmente atópase moi degradado polo efecto das queimas que se viñeron realizando na zona.
A presión gandeira é a maior ameaza para a conservación do enclave, xa que supón cambios e/ou destrución da vexetación, destrución parcial e desecamento do substrato turboso producido polas queimas, o pastado e pisoteo, que tamén provoca perdas na cobertura.

DIRECTRICES PARA A XESTIÓN E A CONSERVACIÓN

Para alcanzar os obxectivos de conservación do enclave é necesaria a redacción de medidas que leven consigo a minimización do impacto da actividade gandeira mediante as seguintes actuacións: redución da presión gandeira na zona, instalación de valados, redución do uso do lume, regulación doutros usos gandeiros como son as rozas, encalados, aboados, etc.
Será necesario ademais o establecemento dun Plan de Seguimento que servirá para definir o estado de partida de conservación do enclave e así controlar os cambios que se vaian producindo na vexetación, no nivel de humidade do enclave (climatoloxía e hidroloxía).
No que se refire á mellora dos coñecementos sobre o enclave, é importante afondar no comportamento hidrolóxico en relación coa climatoloxía do lugar, tanto do substrato turboso coma da vexetación.
Para a posta en valor do lugar, deberanse realizar actuacións de difusión e divulgación dos valores do enclave, posto que se sitúa no visitado cumio de Xuriain

FOTOS
Vista general del enclave de Zuriain (P. Heras)
Vista xeral do enclave de Zuriain (P. Heras)
Zona con mayor profundidad de turba, promontorios quemados. (M. Infante).
Zona con maior profundidade de turba, promontorios queimados. (M. Infante).
Promontorio erosionado, mostrando entramado de bloques areniscos. (P. Heras)
Promontorio erosionado, mostrando armazón de bloques arenitas. (P. Heras)