Warning: Use of undefined constant CONCATENATE_SCRIPTS - assumed 'CONCATENATE_SCRIPTS' (this will throw an Error in a future version of PHP) in /home/territo7/public_html/lifetremedal.eu/wp-config.php on line 75
Okolin « Life Tremedal

Okolin

Nome do enclave: Okolin
Categorías de protección: Este enclave inclúese no LIC ES220018 Belate.
Localización: Baztan e Anue
Rexión: Navarra
Coordenada de referencia: 30TXN1466, 30TXN1566, 30TXN1567, 30TXN1467
Superficie do humidal: Nunha superficie moi ampla, entorno a 40 hectáreas, o enclave inclúe un serie de surxencias en ladeira.
Altitude: 1.060-1.020 m

Ver mapa

Okolin

 
Trátase dun conxunto de pequenos enclaves turbosos que se atopan nas ladeiras orientadas ao oeste do monte Okolin e a ladeira sueste de Gartzaga.

No enclave distínguense dous tipos de mananciais, asociados a lousas uns e a coluvións os outros, sendo os primeiros algo máis amplos que os segundos.

Nestas surxencias de ladeira preséntanse comunidades de Sphagnum auriculatum e Narthecium ossifragum, estando presentes nos regatos Viola palustris. Nas surxencias de maior entidade, desenvólvense tamén comunidades de Erica tetralix e Sphagnum papillosum, mentres que nas de menor entidade, as comunidades de Sphagnum auriculatum contactan con cervunais (Nardus stricta). Nas aldeiras, aparecen os pasteiros acidófilos atlánticos de Agrostis curtisii, que ocupan a maior parte das ladeiras. Os queirogais de Ulex gallii intercálanse entre estes pasteiros nas zonas menos pastoreadas.

VALORES MÁIS RELEVANTES

Singularidade
Este enclave inclúe as pequenas zonas higroturbosas que se desenvolven nas ladeiras dos montes Okolin e Gartzaga.

Valores biolóxicos e ecolóxicos
A pesar das reducidas dimensións das zonas higroturbosas do enclave, destaca por albergar flora de interese. É salientable a presenza de Nardia compressa e Warnstorfia exannulata, posto que non foron achadas noutros enclaves navarros.

Valores históricos e paleoecolóxicos
Okolin non ten unha característica singular a sinalar a este respecto.

Hábitats de Interese Comunitario

Hábitat
4030 Queirogais secos europeos
6230* Formacións herbáceas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
6410 Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosos (Molinion caeruleae)
7140 ‘Mires’ de transición

Flora
Destaca a cita de Trichophorum caespitosum subsp. germanicum, aínda que esta cita é relativamente antiga e non se confirmou recentemente.

Rexistráronse 48 especies de plantas vasculares e 22 briófitos, entre os que destaca a presenza de Gymnocolea inflata, Marsupella sphacelata, Nardia compressa, Straminergon stramineum e Warnstorfia exannulata (que contan con moi poucas poboacións en Navarra). Sinalouse ademais a presenza de cinco especies de esfagnos.

Fauna
Non se conta con información específica sobre fauna asociada ás surxencias de Okolin.

ESTADO ACTUAL

O enclave, que se atopa nun estado de conservación bo, ten pequenas tomas de auga para bebedoiros preto dunha borda existente. As ameazas detectadas no enclave son a intensificación da presión do gando, e os efectos que isto produce en canto ao pastoreo e remoción do solo, os residuos que pode xerar a borda existente e as tomas de auga citadas anteriormente.

DIRECTRICES PARA A XESTIÓN E A CONSERVACIÓN

O enclave, que se atopa nun estado de conservación bo, ten pequenas tomas de auga para bebedoiros preto dunha borda existente. As ameazas detectadas no enclave son a intensificación da presión do gando, e os efectos que isto produce en canto ao pastoreo e remoción do solo, os residuos que pode xerar a borda existente e as tomas de auga citadas anteriormente.

FOTOS

Okolin