Nome do enclave: Argintzu
Categorías de protección: ZEC Monte Alduide
Localización: Baztan
Rexión: Navarra
Coordenada de referencia: XN2368 XN2369
Ver mapa
Trampal formado por cabeceras manantías, una bastante amplia, y vaguadas con arroyuelos, en ladera de gran pendiente.
O enclave subdivídese en varias áreas:
- A/ Pasto acidófilo que circunda as áreas encharcadas, con solo seco pero con boa cobertura de briófitos e ás veces poboacións de Juncus squarrosus.
- B/ Cavorcos pouco profundos, con surxencias máis ou menos activas, que dan lugar a fluxos discontinuos que se sumen en dolinas á altura do outeiro (tremoais subneutrófilos).
- C/ Plataforma principal: Cabeceira manancía plana, tapizada por esfagno, bastante heteroxénea dende o noiro do bordo superior ata os regos de saída (tremoais subneutrófilos a acidófilos). A destacar a presenza de Menyanthes trifoliata.
- D/ Tremoais basófilos, con solos encharcados con movemento lento da auga en forma de abanos, con presenza de Palustriella falcata.
- E/ Pequena área manancía con Philonotis fontana e Sphagnum teres (tremoal subneutrófilo a basófilo)
- F/ Zona coluvionar con bloques cementados por arxilas, onde discorren e desaparecen os arroios que saen da zona D.
O enclave presenta gran heteroxeneidade no referente á química da auga, con surxencias de carácter éutrofo e outras de carácter mesótrofo
- VALORES MÁIS RELEVANTES
Singularidade
Argintzu é o enclave estudado con maior rango de tipoloxías de tremoais, incluíndo dende os acidófilos ata os basófilos.Valores biolóxicos e ecolóxicos
Respecto á flora vascular, hai que destacar a presenza de Menyanthes trifoliata. Entre os briófitos, Sphagnum teres é unha novidade para o catálogo briolóxico navarro, e a poboación de Scorpidium cossonii, a segunda localizada en Navarra.Valores históricos e paleoecolóxicos
Non hai depósito de turba.Hábitats de Interese Comunitario
Hábitat Nome 4030 Queirogais secos europeos 6230 Formacións herbáceas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental) 6410 Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosas (Molinion caeruleae) 7140 ‘Mires’ de transición Hábitats segundo outras clasificacións
Hábitat CINH Sintaxón 4030 303044 Erico tetralicis-Ulicetum gallii ulicetosum gallii var. típica 6230* 523010* Carici piluliferae-Agrostietum curtisii nardetosum strictae 6230* 523013 Serratulo tinctoriae-Nardetum strictae 6410 541030* Com. Juncus effusus e Scutellaria minor 7140 211012 Hyperico elodis-Potametum oblongi 7140 622010* Com. Palustriella falcata 7140 622010* Com. Philonotis fontana e Bryum pseudotriquetrum 7140 613010* Erico tetralicis-Sphagnetum papillosi 7140 617011 Anagallido tenellae-Juncetum bulbosi 7140 617010* Com. Sphagnum auriculatum e Narthecium ossifragum var. típica 7140 723010* Com. Sedum anglicum e Rumex angiocarpus Flora
Argintzu é un enclave bastante típico floristicamente no contexto dos medios paraturbosos euskaldún orientais, pois non faltan as especies máis comúns destes medios. Unicamente destaca a presenza dunha poboación de Menyanthes trifoliata, por outra parte bastante recomida. Podemos mencionar tamén que Huperzia selago foi citada da zona do cumio (Balda 2002: 163).
Detectáronse 69 vasculares e 33 briófitos. Entre os briófitos destaca a presenza de dúas especies con tendencia continental, máis frecuentes cara ao Leste, en Pireneos Centrais: Sphagnum teres e Scorpidium cossonii.- AMEAZAS
Presión do gando: pastado, remoción e erosión do solo, e risco de afección por lumes.
- DIRECTRICES PARA A XESTIÓN E A CONSERVACIÓN
Deberase seguir co afondamento no coñecemento do enclave mediante a realización de estudios principalmente de tipo faunístico (catalogación de vertebrados – anfibios, réptiles- e invertebrados.
Para a conservación deberase establecer un programa de vixilancia e prevención que permita detectar cambios negativos nun futuro. Debería implicar as seguintes accións:- Vixilancia periódica (trianual) do enclave, en particular para detectar posibles aumentos do deterioro por efecto do gando (piso e pastado fundamentalmente).
- Prohibición do uso de lume
- Regulación doutros usos gandeiros como rozas, etc. Non deben darse estas prácticas salvo nas áreas de solo seco.
- Impedir un aumento da carga gandeira do enclave.
Para a divulgación non parece necesaria a instalación de paneis informativos no enclave, posto que é pouco transitado, aínda que os cumios que o enmarcan si o sexan. Non obstante, si se debería editar folletos ou trípticos que poidan adquirirse nos pobos máis próximos
- FOTOS
- Aspecto xeral da zona C, á dereita apréciase tamén a surxencia da zona E (P. Heras).
- Aspecto xeral de la zona C. (P. Heras).
- Dolina na parte superior do enclave (Zona B). (P. Heras).