Noticias

Archive for Novas

Os narcisos da Insua de San Roque están a florecer (22/04/2015)

Durante as visitas aos enclaves galegos do proxecto LIFE+ TREMEDAL en marzo observouse a floración da especie protexida Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis na Insua de San Roque (Rábade, Outeiro de Rei; Lugo). Esta especie de narciso está considerada como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazas e recóllese como de interese comunitario na Directiva Europea […]

Seguir leyendo →

Publicado en: Novas

Deja un comentario (0) →

Revisión das actuacións de restauración na Lagoa de Cospeito (20/04/2015)

Técnicos do IBADER visitaron a Lagoa de Cospeito para comprobar as repercusións do proxecto LIFE+ TREMEDAL sobre este humidal.  Realizáronse inventarios de flora nos diferentes tipos de hábitats obxecto de actuación, centrándose principalmente no estado das charcas das áreas de actuación. Ademais comprobouse como se está a desenvolver a especie prioritaria Eryngium viviparum (cardiño das […]

Seguir leyendo →

Publicado en: Novas

Deja un comentario (0) →

Reforzo do bosque aluvial na Insua de San Roque (24/02/2015)

Dentro das actividades que o IBADER desenvolve no marco do proxecto, actualmente estase traballando nun enclave de alto valor ecolóxico da provincia de Lugo: a Insua de San Roque. Neste lugar estase a reforzar un hábitat considerado prioritario para a conservación na Unión Europea denominado bosque aluvial de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Esta denominación […]

Seguir leyendo →

Publicado en: Novas

Deja un comentario (0) →

Finalizados os protocolos de xerminación e cultivo de 20 especies de turbeiras e medios higrófilos de interese para o proxecto LIFE TREMEDAL (20/01/2015)

Tras a recolección, limpeza e almacenamento de material reprodutivo dos 20 taxóns obxectivo do proxecto, e unha vez realizadas as correspondentes probas de xerminación no Banco de Xermoplasma do Xardín Botánico Atlántico de Xixón, se redactaron os Protocolos de Xerminación e Cultivo de cada un dos devanditos taxóns. Ademais de incluír datos xerais sobre o […]

Seguir leyendo →

Publicado en: Novas

Deja un comentario (0) →

Recuperación do hábitat prioritario 7210 * Turbeiras calcálreas de Cladium mariscus. Plantación de masiega nos Ollos de Begonte (17/01/2015)

Continuando coas actuacións do proxecto LIFE TREMEDAL, técnicos do Ibader efectuaron a plantación de individuos de Cladium mariscus en diferentes áreas dos Ollos de Begonte. As formacións desta especie constitúen o hábitat prioritario Turberas calcáreas de Cladium mariscus (HIC 7210*), o cal é obxecto de recuperación no marco do proxecto LIFE TREMEDAL. Este tipo de […]

Seguir leyendo →

Publicado en: Novas

Deja un comentario (0) →

Investigadores de Xapón visitan os enclaves de actuación do proxecto LIFE TREMEDAL (17/01/2015)

Investigadores das universidades de Hokkaido, Tukushima e Obihiro asistiron á presentación do proxecto LIFE TREMEDAL como exemplo de actuacións orientadas á recuperación e mellora de hábitats de humidais. Posteriormente trasladáronse a diferentes áreas de actuación onde se está a desenvolver o proxecto para comprobar os resultados obtidos. Esta actividade englóbase dentro dunhas xornadas de traballo […]

Seguir leyendo →

Publicado en: Novas

Deja un comentario (0) →

Especies ameazadas instálanse nas áreas de actuación de Galicia (17/01/2015)

As actuacións desenvolvidas na Lagoa de Cospeito (ZEC Parga-Ladra-Támoga) para a mellora de diferentes tipos de hábitats de interese comunitario a mellora do “cardiño da lagoa” (Eryngium viviparum) depararon beneficios positivos para outras especies acuáticas. Ademais de instalarse poboacións de cardiño da lagoa (especie prioritaria en Europa) localizáronse poboacións doutras dúas especies de flora ameazadas: […]

Seguir leyendo →

Publicado en: Novas

Deja un comentario (0) →
Página 5 de 9 «...34567...»