Noticias

Recuperación do hábitat prioritario 7210 * Turbeiras calcálreas de Cladium mariscus. Plantación de masiega nos Ollos de Begonte (17/01/2015)

Continuando coas actuacións do proxecto LIFE TREMEDAL, técnicos do Ibader efectuaron a plantación de individuos de Cladium mariscus en diferentes áreas dos Ollos de Begonte. As formacións desta especie constitúen o hábitat prioritario Turberas calcáreas de Cladium mariscus (HIC 7210*), o cal é obxecto de recuperación no marco do proxecto LIFE TREMEDAL. Este tipo de formacións son relativamente frecuentes no litoral galego, non obstante no interior, o ZEC Parga-Ladra-Támoga é o único lugar da Rede Natura 2000 galega con presenza deste hábitat, o que acentúa a importancia do proxecto LIFE TREMEDAL ao recuperar extensións deste hábitat neste lugar.

Cladium mariscus

Cladium mariscus

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →