Noticias

Revisión das actuacións de restauración na Lagoa de Cospeito (20/04/2015)

Técnicos do IBADER visitaron a Lagoa de Cospeito para comprobar as repercusións do proxecto LIFE+ TREMEDAL sobre este humidal.  Realizáronse inventarios de flora nos diferentes tipos de hábitats obxecto de actuación, centrándose principalmente no estado das charcas das áreas de actuación. Ademais comprobouse como se está a desenvolver a especie prioritaria Eryngium viviparum (cardiño das lagoas) nestas charcas e corroborouse a presenza das especies protexidas Pilularia globulifera e Luronium natans. Estas dúas especies están consideradas En perigo de Extinción de acordo ao Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

As charcas establecidas na Lagoa de Cospeito tamén albergan especies de fauna de interese dende o punto de vista da conservación. Durante as visitas do mes de abril atopáronse diferentes especies protexidas como as ras Pelophylax perezi (Ra verde), Hyla arborea (Estroza) e o peixe Gasterosteus gymnurus (Espiñento).

_MG_4891-2 _MG_4863

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →