Noticias

Reforzo do bosque aluvial na Insua de San Roque (24/02/2015)

Dentro das actividades que o IBADER desenvolve no marco do proxecto, actualmente estase traballando nun enclave de alto valor ecolóxico da provincia de Lugo: a Insua de San Roque.

Neste lugar estase a reforzar un hábitat considerado prioritario para a conservación na Unión Europea denominado bosque aluvial de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Esta denominación fai referencia a dúas das especies arbóreas típicas neste hábitat, o ameneiro (Alnus glutinosa) e o freixo (Fraxinus excelsior). Nos últimos anos o ameneiro está a sufrir a incidencia dun fungo (Phytophthora alni), que acaba por producir a morte da planta. Na Insua de San Roque a actuación do fungo é visible nas súas ribeiras, con abundantes tocóns e pés mortos de ameneiro.

O proxecto LIFE+ TREMEDAL ten entre outros obxectivos a mellora do estado de conservación do bosque aluvili na Insua de San Roque, para o que durante o 2014 efectuouse unha plantación de especies propias deste hábitat como o freixo, o salgueiro ou a bidueira. Neste ano 2015 revisouse a actuación realizada en 2014, reforzando a plantación principalmente nas ribeiras da Insua onde se actuou, co fin de aumentar a súa protección, centrándose nas zonas máis danadas polo fungo do ameneiro.

Actuacion Insua A

Actuacion Insua B

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →