Noticias

Os narcisos da Insua de San Roque están a florecer (22/04/2015)

Durante as visitas aos enclaves galegos do proxecto LIFE+ TREMEDAL en marzo observouse a floración da especie protexida Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis na Insua de San Roque (Rábade, Outeiro de Rei; Lugo). Esta especie de narciso está considerada como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazas e recóllese como de interese comunitario na Directiva Europea relativa á conservación de hábitats e especies, a denominada Directiva Hábitats.

Esta especie pódese observar en diferentes ambientes na Insua de San Roque tales como o bosque aluvial ou os prados desta illa. O seu tamaño e a súa flor rechamante destacan nesta época do ano, entre o fin do período invernal e o comezo da primavera. O estado de conservación dos hábitats desta especie e as súas poboacións estanse a mellorar nesta illa do río Miño, dentro do marco do proxecto LIFE+ TREMEDAL.

_MG_4463

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →