Acción E

E.Plan de comunicación

En relación ao ámbito da comunicación, o LIFE+TREMEDAL busca “informar e sensibilizar o público en xeral sobre os valores e servizos ambientais que proporcionan os humidais continentai  en xeral e os hábitats de turbeira e medios higrófilos en particular”

O Plan de Comunicación do proxecto TREMEDAL debe organizar e coordinar o conxunto de accións que se propoñen desenvolver neste apartado para alcanzar os obxectivos previstos.

É unha ferramenta básica para a propia xestión do proxecto e para a difusión da información xerada sobre este. Tamén para dimensionar a súa importancia a nivel europeo e para transmitir unha visión clara e institucional das actuacións previstas.

Os instrumentos de comunicación son necesarios para alcanzar un proxecto socialmente compartido, de tal maneira que os resultados e beneficios esperados estean orientados tanto cara ao propio proxecto, coma cara á poboación.  Búscase tamén, manter un axeitado fluxo de información sobre o desenvolvemento e os resultados obtidos, e garantir a visibilidade da ferramenta financeira da Unión Europea para o medio ambiente LIFE+. As accións de comunicación que se van desenvolver no transcurso do proxecto son as seguintes:

  • Imaxe do proxecto e manual de estilo
  • Páxina Web
  • Materiais de sensibilización: folleto divulgativo, artigos de promoción, paneis informativos nos enclaves nos que se executen as accións, boletín electrónico semestral…
  • Accións de sensibilización e divulgación: celebración do día mundial dos humidales, talleres locais destinados a presentar o proxecto a grupos interesados locais, presentación do proxecto en eventos rexionais, asistencia a eventos externos…
  • Programa de formación e capacitación: elaboración e publicación dun manual de boas prácticas na xestión de turbeiras e outros medios higrófilos asociados.
  • Seminario europeo final e seminarios técnicos.
  • Informe final (Layman report)