Noticias

Avances do traballo do Xardín Botánico no marco do proxecto LIFE+ Tremedal (22/11/2014)

O Xardín Botánico Atlántico participa en TREMEDAL a través do seu banco de xermoplasma, levando a cabo tarefas de recolección e conservación de xermoplasma de especies vexetais relacionadas con medios húmidos.

As campañas de recolección repetíronse ao longo dos anos 2012, 2013 e 2014, durante as cales o equipo do Xardín Botánico Atlántico (JBA) visitou 50 zonas húmidas de Asturias, León, Lugo e Navarra. Recompiláronse 128 recoleccións de 41 especies propias de humidais, entre as que destacan varias protexidas en Asturias como a orballiña (Drosera anglica), o algodón das brañas (Eriophorum vaginatum) ou a fita de auga (Triglochin palustris).

Todas estas recoleccións consérvanse no banco de sementes do JBA e están sendo empregadas na propagación das especies dentro doutras accións do proxecto. Xunto ao labor de conservación de xermoplasma, o JBA desenvolve os protocolos de xerminación e cultivo destas especies.

A maioría do traballo en laboratorio e viveiro está xa completado, e os protocolos de propagación publicaranse en breve na páxina web de TREMEDAL (http://www.lifetremedal.eu/). Moitas das especies coas que se traballou incorporáronse ás coleccións do JBA, e poden contemplarse na colección de turbeiras do Ámbito Cantábrico, así como na colección de plantas endémicas, raras e ameazadas.

http://botanico.gijon.es/private/192-ravergel/noticias/show/25391-avances-del-trabajo-del-jardin-botanico-en-el-marco-del-proyecto-life-tremedal

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →