Noticias

Xornada de voluntariado ambiental na Turbeira de Belate (26/10/2015)

Co obxectivo de evitar o impacto ambiental do peche da Turbeira de Belate nas aves, o pasado venres 16 de outubro tivo lugar unha xornada de voluntariado ambiental na zona no marco do proxecto Life Tremedal. Tras uns minutos de presentación tanto do proxecto como das características da turbeira, organizáronse os grupos, repartiuse o material de traballo e asignáronse as tarefas e zonas de actuación. Boa parte do traballo realizado polas 40 persoas participantes consistiu na colocación de salva paxaros no perímetro do peche, aínda que tamén se aproveitou para recoller residuos na zona. A media mañá os asistentes gozaron dun xantar para recuperar forzas.

SAM_4576

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →