Acción D.1

D.1.Seguimento das repercusións do proxecto sobre os hábitats

Actualmente coñécense os hábitats presentes nos enclaves e as especies que os caracterizan. Non obstante, para facer unha avaliación axeitada dos proxectos de restauración é preciso dispoñer de datos máis concretos que se obterán coa acción A1

Este proceso servirá tamén para formular correccións ás medidas e actuacións propostas en caso de non se producir os resultados esperados, así como para anticiparse ou responder a posibles impactos negativos que poidan presentarse.

Para iso contarase co apoio do servizo de gardería das autoridades competentes en Natura 2000 que prestarán labores de vixilancia dos enclaves, velando polo bo estado dos medios instalados (cercados, bebedoiros) e xestionando a apertura dos cercados temporais en función das directrices que se definan. Tamén permitirán detectar, de xeito inmediato, calquera tipo de evento negativo que se puidese producir: actuación non autorizada, desecamento excesivo, cambios na vexetación, etc.

Este seguimento formúlase durante a época de floración das especies, e a súa análise será a dous niveis:

  • a pequeno detalle, a través de cadrados permanentes, nos que se realizarán inventarios florísticos e se anotarán parámetros descritivos (porcentaxe de auga libre, profundidade da auga, pH da auga, recubrimento vexetal, altura da vexetación, perturbacións, etc.)
  • mediante a comparación da vexetación cartografada en polígonos establecidos durante a acción preparatoria A1 (ex ante monitoring). Realizaranse inventarios florísticos para cada un dos polígonos.

Cada beneficiario elaborará informes anuais para cada un dos seus enclaves ao longo do prazo de execución do proxecto e o beneficiario coordinador, coa colaboración do resto de beneficiarios, elaborará un informe anual de seguimento conxunto. Contarase co apoio da Comisión Internacional de Asesoramento.