Acción C.6

C.6. Mellora do estado de conservación en humidais continentais do LIC Parga-Ladra-Támoga

Na última década do século XX puxéronse en marcha diversos proxectos co fin de lograr a restauración hidrolóxica necesaria para o establecemento de novas poboacións e comunidades acuáticas. Elimináronse ademais, as afeccións antrópicas sobre estas.

TREMEDAL propón actuar no Complexo Húmido da Lagoa de Cospeito co fin de favorecer o establecemento e desenvolvemento de hábitats propios das orlas dos lagos interiores do noroeste peninsular:

  • 4020* Queirogais húmidos atlánticas de zonas temperadas de Erica cillaris e Erica tetralix,
  • 6410 Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosos e
  • 3110 Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areentas (Littorelletalia uniflorae)

A restauración efectuarase nos terreos de titularidade pública situados no Complexo Húmido da Lagoa de Cospeito, en áreas próximas a la Lagoa Nova. A área de actuación, dedidada na actualidade exclusivamente á conservación da biodiversidade, correspóndese cunha zona de margas carbonatadas situadas na parte oriental do complexo húmido e ocupa unha superficie de aproximadamente 1,3 ha.

Os traballos do proxecto consistirán nunha redución da cota altimétrica da área de actuación co fin de favorecer o seu encharcamento durante o período estival. A topografía actual presenta unha alternancia de zonas con pendentes suaves (pendente inferior ao 2%) con outras nas que a transición entre medios acuáticos e terrestres se realiza de forma brusca. Estas transicións pouco naturais álzanse sobre o nivel primaveral-outonal da Lagoa Central entre 25-50 cm.

A remodelación do terreo na área de actuación do proxecto permitirá o establecemento natural dos tipos de hábitats 4020*, 6410 e o establecemento de pequenas charcas temporais (3110), o que favorecerá ao mesmo tempo a colonización deste lugar por especies de elevado interese para a conservación, como Eryngium viviparum, especie prioritaria, Luronium natans (Anexo II e IV) ou Pilularia globulifera tipificada En Perigo de Extinción de acordo ao Catálogo Galego de Especies Ameazadas (D 88/2007, DOG 89 de 9/5/2007).

Complementariamente á restauración dos hábitats nesta área, ao alcanzar unhas condicións particulares de cobertura de solo, trofía (derivada xeralmente da existencia de margas carbonatadas) e encharcamento, esta acción posibilitará o establecemento de poboacións de interese dende o punto de vista da conservación

mapa-accionc6