A.2. Planificación técnica das accións de restauración
As actuacións de restauración de hábitats programadas no apartado C deben ser previamente proxectadas para definir os detalles específicos: levantamentos topográficos, dimensións dos diques, detalle da construción de bebedoiros, etc
Os proxectos para executar as accións concretas de conservación C1 a C9 van redactarse neste apartado:
- C.1. Restauración, prevención de impactos e creación de infraestruturas para unha correcta xestión no complexo de turbeiras e hábitats asociados da zona atlántica de Navarra.
- C.2*. Restauración dos enclaves turbosos do LIC Jaizkibel.
- C.3. Restauración ambiental do LIC Lago Arreo-Caicedo Yuso.
- C.4. Restauración, prevención de impactos e creación da turbeira de Usabelartza.
- C.5. Infraestruturas para unha xestión gandeira compatible coa conservación dos hábitats dos LIC Picos de Europa de Asturias e Castela-León.
- C.6. Mellora do estado de conservación en humidais continentais do LIC Parga-Ladra-Támoga: hábitats higrófilos e de encharcamento temporal en Cospeito.
- C.7. Adecuación do hábitat e reforzamento poboacional de Eryngium viviparum no LIC Parga-Ladra-Támoga.
- C.8. Mellora do estado de conservación dos hábitats prioritarios (7210*: 91E0*) no LIC Parga-Ladra-Támoga.
- C.9. Mellora do estado de conservación dos hábitats higrófilos na Illa de San Roque (LIC Parga-Ladra-Támoga).
- C 10. Recollida, almacenamento e conservación a longo prazo de xermoplasma.
* Non se considerou necesario elaborar un proxecto técnico para a Acción C2 debido a que as actuacións son de limitada entidade e existe un bo coñecemento dos enclaves de actuación seleccionados por ser obxecto de seguimento dende hai algúns anos
Os proxectos construtivos serán consensuados cos concellos propietarios dos terreos e as entidades locais competentes, que ademais se encargarán de tramitar as necesarias autorizacións previas á execución.