Noticias

O “Grupo de traballo sobre Turbeiras” do proxecto LIFE TREMEDAL reuniuse en Lugo (20/11/2014)

O “Grupo de traballo sobre Turbeiras” do proxecto LIFE TREMEDAL reuniuse en Lugo durante os días 17, 18 e 19 de novembro co fin de realizar unha sesión de traballo centrado na análise dos distintos tipos de turbeiras presentes no norte da Península Ibérica. Este grupo está conformado por científicos, técnicos e xestores especialistas en humidais do norte de España e doutros países da Unión Europea.

Nesta reunión debateuse acerca dos tipos de turbeiras existentes na Península Ibérica, as claves e problemática para a súa identificación e caracterización, directrices de xestión e posibles acción de conservación e restauración. Ademais realizouse unha visita á localidades de referencia de diferentes tipos de turbeiras presentes nas montañas do norte de Lugo, na Serra do Xistral. Este lugar pertencente á Rede Natura 2000 constitúe a mellor representación de turbeiras de cobertor de Europa continental e posúe unha grande singularidade e importancia para a conservación da biodiversidade. A Rede Natura 2000, a rede europea de espazos naturais protecidos, contribúe á protección dos hábitats de turbeira xa que alberga unha boa parte da súa superficie en Europa.

Interese das turbeiras

As turbeiras fórmanse en condicións de asolagamento con pouco osíxeno, nas que a materia orgánica se descompón con dificultade e se amorea en grandes cantidades formando a turba. Estes hábitats son dunha gran importancia polos moitos servizos que achegan á poboación humana, como o son aqueles referidos á regulación do clima, fixación de carbono, protección contra inundacións…, ademais de tratarse de medios que acubillan un conxunto de especies animais e vexetais de gran rareza e incluso que merecen a consideración de ameazadas.

Outro elemento de relevancia das turbeiras é que son protagonistas de estudos paleoecolóxicos, é dicir, da reconstrución dos ecosistemas ao longo da historia, xa que as turbeiras constitúen un libro aberto de historia, con claves para a análise do cambio climático y das perturbacións e impactos causados polo home sobre a biosfera.

11 2014_Visita Serra do Xistral_02

11 2014_Visita Serra do Xistral

11 2014_VI Comite Tecnico TREMEDAL LUGO_01

11 2014_VI Comite Tecnico TREMEDAL LUGO

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →