F.1. Xestión e coordinación do proxecto
O beneficiario coordinador (GAN) debe garantir a correcta planificación, organización, comunicación e xestión do proxecto TREMEDAL e para logralo, establécese unha estrutura de traballo que contará cos seguintes órganos xestores:
- Comité de Dirección/Pilotaxe, responsable máximo da execución do proxecto. Estará integrado polo director de proxecto de cada beneficiario. Reunirase polo menos tres veces coincidindo coas reunións do Comité Técnico (inicial, intermedia e final).
- Comité Técnico, responsable da correcta execución das accións. Estará integrado por un representante técnico de cada beneficiario. Este comité reunirase fisicamente en 7 ocasións ao longo do proxecto (Reunións de Consorcio).
- Equipos de xestión de cada beneficiario: Cada beneficiario contará cun director de proxecto e persoal técnico e administrativo.
- Equipo Coordinador Externo. A súa función é apoiar o coordinador beneficiario nas súas tarefas de xestión do proxecto. Para iso subcontratarse un equipo externo – con recoñecida experiencia en xestión de proxectos – que estará baixo o control directo do beneficiario coordinador. Encargarase de enviar os informes á Comisión e será a vía de contacto con esta.
Ademais destes órganos xestores, TREMEDAL contará con outras estruturas para facilitar a participación activa de distintas organizacións relacionadas cos obxectivos do proxecto:
- Unha Comisión de Seguimento en cada Comunidade Autónoma que se reunirá polo menos 2 veces ao ano e que a falta de definir os compoñentes, podería estar representada por:
- o beneficiario da rexión
- a Autoridade Rexional competente de Natura 2000
- outros Departamentos da Administración con competencias nos ámbitos do proxecto, como desenvolvemento rural, gandaría ou política de augas.
- os Concellos implicados nas accións do proxecto
- actores rexionais involucrados e/ou usuarios (asociacións gandeiras involucradas… etc.) ou expertos rexionais
- Unha Comisión Internacional de Asesoramento que se reunirá fisicamente polo menos en 2 ocasións ao longo do proxecto (ao inicio e ao final) e cantas veces sexa necesario por medios telemáticos. Esta comisión contará coa participación de persoas/organizacións con experiencia en conservación e restauración de turbeiras, e entre os participantes atoparanse:
- os beneficiarios do proxecto
- o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente
- expertos científicos Internacionais
- representantes de organizacións de conservación da natureza con experiencia nos hábitats abranguidos no proxecto como WWF ou Global Nature.
- representantes de institucións doutros países interesados neste proxecto, en particular de Francia, Portugal, Reino Unido (Escocia) e Irlanda
Esta Comisión internacional de Asesoramento, ademais de apoio técnico dará visibilidade ao proxecto e contribuirá a que se recoñeza a nivel europeo o valor dos hábitats turbosos e higrófilos do Norte da Península Ibérica.