Acción C.5

C.5. Infraestruturas para unha xestión gandeira compatible coa conservación dos hábitats nos LIC Picos de Europa de Asturias e Castela-León

 Esta acción consiste na instalación de infraestruturas para a xestión gandeira de forma que esta actividade se poida levar a cabo de forma compatible coa conservación dos Hábitats de Interese Comunitario 7130 e 7230 presentes na zona.
1. Instalación de valados de exclusión do gando

en parcelas de turbeira correspondentes aos hábitats 7130 “Turbeiras de cobertura” e 7230 “Turbeiras baixas alcalinas”. Trátase de peches non permanentes, de arame electrificado mediante pastor eléctrico, para evitar a entrada do gando en parcelas de turbeira de extensión variable.

A actuación realizarase sobre unha turbeira ácida (7130) na Veiga de Comeya, dentro do LIC e ZEPA ES1200001 Picos de Europa (Asturias), e sobre unha turbeira alcalina (7230) na Veiga de Liordes, dentro do LIC e ZEPA ES0000003 Picos de Europa (Castela e León).

2. Instalación dun bebedoiro na Veiga de Liordes

No LIC e ZEPA ES0000003 Picos de Europa (Castela e León). Proponse acondicionar un pequeno bebedoiro de pedra e formigón, posto que os valados limitan o acceso a zonas encharcadas utilizadas polo gando para beber.

Ademais, este tipo de infraestruturas reduce a presión do gando no conxunto dos enclaves húmidos e constitúe unha medida compensatoria para os gandeiros fronte ás restricións de acceso ás parcelas cercadas.

As dimensións exactas estableceranse en función da cabana gandeira que utiliza os pastos e o abastecemento do bebedoiro faríase coas augas dun manancial próximo.

Esta técnica de xestión, sinxela e rendible, ten un grande valor demostrativo que permite difundir unha metodoloxía de conservación de turbeiras escasamente difundida no ámbito xeográfico do norte de la Península Ibérica.

Preténdese, con esta acción, a mellora dos hábitats turbosos 7130 e 7230 nestes LIC e das poboacións de taxóns propios destes medios, especialmente Salix hastatella subsp. picoeuropeana, Juncus balticus subsp. cantabricus e Callitriche palustris

mapa-accionc5-1

mapa-accionc5-2