Acción C.10

C.10. Recollida, almacenamento e conservación a longo prazo de xermoplasma

Esta acción busca favorecer a sostibilidade a longo prazo das accións de restauración dos hábitats de interese comunitario que abrangue o proxecto.

portada-accionC10

Como parte da Acción A1, elaborarase un listado de especies de cada turbeira para seleccionar aquelas cuxo xermoplasma se recolectará en cada localidade.

No caso de Navarra poderían ser obxecto de recolección de xermoplasma as seguintes especies: Rhynchospora fusca, Spiranthes aestivalis, Carex hostina, Rhynchospora alba, Pinguicula lusitanica, Drosera intermedia e Triglochin palustris.

A recolección deberá ir precedida dunha recompilación bibliográfica sobre os taxóns obxectivo, co fin de avaliar a bioloxía reprodutiva e/ou características morfolóxicas do xermoplasma a recolectar. O desenvolvemento das mostraxes de campo deberá realizarse de modo que se asegure unha máxima representatividade xenética das poboacións.

Aínda que a curto prazo quizais en determinadas espazos non sexa necesario proceder ao reforzamento de poboacións, nun futuro, se atendemos ás previsións de quentamento global, todo parece indicar que polo menos no norte da Península Ibérica, as turbeiras e medios higrófilos sexan ecosistemas en declive.

Hai que prever, polo tanto, a posibilidade de abordar estes programas de reforzamento ou mesmo de reintrodución de especies, que poidan facerse máis escasas ou mesmo desaparecer. As propias tarefas de conservación do proxecto poden demandar material vexetal, e dispoñer de xermoplasma de todas estas especies e de todas as localidades nas que se formula traballar, é unha importante garantía de conservación a futuro para estes espazos.

Esta acción permitiranos conservar xermoplasma das especies estruturais e ameazadas dos hábitats que abrangue o proxecto, establecer as claves para conseguir a xerminación das distintas especies, coñecer o grao de desecamento que soportan as sementes, as súas condicións de xerminación en función dos diferentes escenarios de temperaturas previstos e os métodos máis axeitados de cultivo para estas plantas.