Ollos de Begonte

Nome do enclave: Ollos de Begontebegonte03
Categorías de protección: Inclúese no LIC ES1120003 Parga-Ladra-Támoga.
Localización: Pertencente ao termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo.
Rexión: Galicia
Coordenada de Referencia: 1 Km E2891N2398
Superficie do Humidal: 1 ha.
Altitude: 395 m

Ver mapa

 
Dentro da cunca alta do Río Miño é posible visitar humidais nos que o fluxo hídrico subterráneo ten unha importancia equivalente ou superior ao fluxo superficial. Este é o caso das lagoas profundas de fluxo subterráneo denominadas localmente como “Ollos”

O enclave coñecido como Ollos de Begonte inclúe dúas lagoas de forma circular, separadas entre si 150 m, orixinadas e partir dunha sima kárstica que ao aumentar de tamaño foi erosionando os materiais sedimentarios cenozóicos existentes nas capas superficiais. Da complexa evolución xeolóxica e xeomorfolóxica resultaron finamente dúas lagoas, a maior delas de 45 metros de diámetro e unha profundidade máxima de 18 metros.

Outro aspecto relevante, é que o humidal localízase preto da confluencia de dous grandes ríos (o Parga e o Ladra) cuxo réxime de inundacións condiciona a hidroloxía do humidal. Durante o período invernal o bosque contiguo a ambos os dous cauces permanece inundado, podendo observarse unha lámina libre de auga dende a canle do río ata a cubeta dos Ollos de Begonte.

A titularidade do humidal corresponde a Deputación Provincial de Lugo, quen adquiriu os terreos durante o desenvolvemento dun Proxecto LIFE (LIFE 00 NAT_E_007311), establecendo como usos principais a conservación dos valores ambietais e o aproveitamento do uso público do espazo. Todo o humidal atópase dentro do Lugar de Importancia Comunitaria, e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, Parga-Ladra-Támoga. Dado o seu interese para a conservación, este enclave inclúese dentro da Zona “Área de Protección”, tal e como se reflicte no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Todo o complexo húmido no que se localiza o enclave Ollos de Begonte intégrase dentro da Zona Núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño.

VALORES MÁIS RELEVANTES

Os Ollos de Begonte pola súa orixe e localización conteñen unha importante representación de tipos de hábitats ligados a medios húmidos, tanto de carácter estritamente acuático, como higrófilo ou turbófilo.

Entre os hábitats que puideron ser inventariados destacan as Turbeiras calcáreas de Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae (7210*) e as Augas oligomesotróficas calcarias con vexetación béntica de Chara spp. (3140). Ambos os dous tipos de hábitats son pouco frecuentes na rede de espazos protexidos de Galicia, sendo o LIC Parga-Ladra-Támoga o único espazo galego non costeiro que ten representación do hábitat prioritario 7210 *.

As dúas lagoas dos Ollos de Begonte permaneceron rodeadas por diferentes tipo de bosques climácico: bosques de inundación (91F0 e 91E0*) e Carballeiras galaico-portugueses de Quercus robur e Q. pyrenaica (9230) cuxas achegas de follaxe determinan o carácter distrófico do Ollo máis pequeno. No período de inundación invernal a grande cantidade de auga que se acumula na zona establece a conexión directa entre o lago e os principais cauces fluviais da área, mentres que no período estival e outonal a auga se reduce, permanecendo nun complexo sistema de pequenos cauces meandriformes e charcas incluídas no seo do bosque pantanoso, albergando unha variada flora e fauna acuática.

Hábitats de Interese Comunitario

Código Denominación
3140 Augas oligomesotróficas calcáreas con vexetación béntica de Chara spp.
3160 Lagos e estanques distróficos naturais
3270 Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.
6410 Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosos (Molinion caeruleae)
6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
7210* Turbeiras calcarias do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae
91E0* Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno- Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
91F0 Bosques mixtos de Quercus robur, Ulmus laevis, Ulmus minor, Fraxinus excelsior ou Fraxinus angustifolia, nas ribeiras dos grandes ríos (Ulmenion minoris)

 

Fauna
Neste enclave atópanse poboacións de invertebrados de interese para a conservación polo seu grao de ameaza, como o mexillón de río (Margaritifera margaritifera) especie de interese comunitario recollida no Anexo II e IV da Directiva Hábitats, ou a náiade Unio pictorum especie catalogada como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

ESTADO ACTUAL

Na actualidade o enclave atópase ben conservado dado que tanto os propios Ollos de Begonte como os terreos do seu ámbito inmediato foron adquiridos pola Deputación Provincial de Lugo durante o desenvolvemento dun proxecto LIFE (LIFE 00 NAT_E_007311).

Non obstante, este feito por si solo non garante o mantemento nun estado favorable de conservación do enclave sendo necesario a corrección de impactos previos á súa adquisición e evitar que actividades mineiras e forestais desenvolvidas no seu ámbito poidan afectar á súa dinámica.

DIRECTRICES PARA A XESTIÓN E A CONSERVACIÓN

Dada a titularidade pública do terreo, as directrices de xestión e conservación deben dirixirse a garantir a sostenibilidade da xestión forestal do bosque contiguo. Tendo en conta a extensión, fraxilidade e rareza deste humidal no contexto autonómico, o enclave non conta con infraestruturas que faciliten o uso público do humidal.

Outro dos aspectos destacables na conservación do humidal deriva da necesidade de mellorar o coñecemento sobre este tipo de enclaves, dadas os seus particulares características no contexto autonómico e bioxeográfico. Un seguimento continuada da hidroloxía do humidal xunto a análise dos seus compoñentes bióticos e abióticos, deben ser elementos clave á hora de establecer futuras medidas de conservación e mellora.

FOTOS

begon_01

begonte03