Especies ameazadas instálanse nas áreas de actuación de Galicia (17/01/2015)
As actuacións desenvolvidas na Lagoa de Cospeito (ZEC Parga-Ladra-Támoga) para a mellora de diferentes tipos de hábitats de interese comunitario a mellora do “cardiño da lagoa” (Eryngium viviparum) depararon beneficios positivos para outras especies acuáticas. Ademais de instalarse poboacións de cardiño da lagoa (especie prioritaria en Europa) localizáronse poboacións doutras dúas especies de flora ameazadas: Luronium natans e Pilularia globulifera, ambas as dúas plantas acuáticas.
Luronium natans que pode vivir tanto en grandes masas de auga coma en pequenas charcas, ríos e regueiros de corrente lenta. España é o límite sur da súa área de distribución, mantendo localidades moi dispersas, en pequenas áreas e illadas entre si, polo que se incluíu no Catálogo Español de Especies Ameazadas como En Perigo de extinción.
Pilularia globulifera é un fento duns centímetros (3-15) que unha boa parte do ano vive mergullada. Conta con poucas poboacións en España, destacando as existentes nos humidais da Terra Chá por ser as máis abundantes. O seu estado de conservación conduciu a ser catalogada como En Perigo de Extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
Posted in: Novas
Deja un comentario (0) →