Noticias

LIFE+ TREMEDAL visita colexios de Santiago de Compostela

Persoal técnico do Ibader desprazouse aos colexios de educación infantil e primaria “López Ferreiro” e “Monte dous Postes” de Santiago de Compostela para contarlles aos alumnos de 3º e 4º de educación primaria a importancia dos humidais para o ser humano.

Realizouse unha presentación audiovisual na que se mostra que é un humidais, realizando unha viaxe polos diferentes tipos que se poden atopar en Galicia, dende o litoral galego ata Santiago de Compostela, de tal xeito que os nenos fosen identificando aqueles humidais que xa coñecían ou xa visitaran. Ademais ensinóuselles a importante biodiversidade que este tipo de hábitats albergan, e se destacaron as turbeiras como humidais en xeral descoñecidos, pero que cunha grande importancia para a conservación.

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →