F.4.Plan de conservación despois de LIFE
O informe final do TREMEDAL incluirá como capítulo independente o Plan de Conservación post-LIFE, que explicará como se pretende continuar as accións iniciadas no proxecto nos anos posteriores, unha vez finalizado este
O Plan de Conservación post LIFE incluirá información detallada sobre as accións que sexa necesario levar a cabo para garantir a xestión destes enclaves a longo prazo (cando, quen as executará e cales serán as fontes de financiamento dispoñibles para iso).
É importante resaltar que todos os espazos incluídos no proxecto están baixo a xestión das autoridades competentes en Natura 2000, e que os coñecementos adquiridos durante o proxecto e os resultados do seguimento das accións facilitarán a redacción deste Plan.