Noticias

Presentación do Proxecto LIFE+ TREMEDAL aos alumnos do Instituto de Educación Secundaria de Arzúa (12/02/2014)

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da Universidade de Santiago de Compostela realizou o mércores 12 de febreiro unha presentación do proxecto Life+ Tremedal aos alumnos dos ciclos de formación profesional “Xestión forestal e do medio natural”, “Medio ambiente e conservación do medio natural” e “Traballos forestais e de conservación do medio natural” do IES de Arzúa (Arzúa, A Coruña). Estes alumnos estanse a formar en actividades realizadas no medio natural, polo que se lles ensinaron casos prácticos sobre actuacións orientadas á conservación da biodiversidade en espazos naturais protexidos. Esta actividade enmárcase nas tarefas de difusión do proxecto Life+ Tremedal para dar a coñecer a importancia dos hábitats higrófilos e de turbeira do norte peninsular e os labores de restauración que se están a levar a cabo nese sentido.

 

2_IMG_3032

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →