Mellora do bosque aluvial e os seus hábitats higrófilos asociados na Insua de San Roque (1/4/2014)
A finais do mes de marzo e comezos de abril estanse a levar a cabo actuacións do Proxecto LIFE TREMEDAL na Insua de San Roque (Rábade e Outeiro de Rei, Lugo), co fin de mellorar o estado de conservación do bosque da illa e un conxunto de hábitats asociados ao mesmo. Os obxectivos desta actuación son aumentar a heteroxenidade dos hábitats higrófilos na illa para favorecer o establecemento dun mosaico deste tipo de hábitats que teñen un importante valor de conservación. Tamén se promoverá a recuperación do bosque de ribeira afectado polo fungo Phytophthora alni que está afectando aos ameneiros de Galicia.
Posted in: Novas
Deja un comentario (0) →