F.2.Constitución de redes con outros proxectos
TREMEDAL propón organizar unha Rede de Intercambio de Información e Experiencia con outros proxectos (LIFE III, LIFE+, ou outros que sexan relevantes para os obxectivos e accións propostos). Esta Rede tamén incluirá organizacións con experiencia na restauración e xestión dos hábitats obxecto do proxecto.
Algúns proxectos e organizacións que se propoñen incluír na Rede son:
- LIFE10 NAT/ES/000572 “Gestión ecosistémica del marojal de Izki y de los hábitats y especies de interés comunitario con los que se relaciona” (LIFE PRO-Izki).
- Boreal Peatland LIFE Restoring boreal peatlands in Natura 2000 areas in Finland (2010-2014, Finlandia)
- LIFE06NAT/UK/000134 – “Active Blanket Bog in Wales” (2006-2011) LIFE04 NAT/IT/000177 – Danta2004 – Safeguard and showing off of the peat-bogs in Danta (Cadore)
- LIFE 04 NAT/IE/000121 – Raised Bog Restoration Project (2004-2008)
- LIFE 02 NAT/IRL/8490 – Active Blanket Bog Restoration Project (2002-2007)
- LIFE02/NAT/FIN/008469 – Finnish Aapa Mires Life Project (2001-2006). Best LIFE Nature project 2007-2008
- LIFE00 NAT/UK/007078 – Restoration of Scottish Raised Bogs Project
- LIFE00 NAT/UK/007075 – “Restoring active blanket bog of European importance in North Scotland” –
- LIFEPeatlands Project (2001-2006). Best LIFE Nature project 2007-2008
- International Mire Conservation Group (IMCG)
- Society of Wetland Scientists (SWS)
- International Peat Society
- Society for Ecological Restoration
- Pôle Relais Tourbieres (Besançon, Francia). Centro Nacional francés de recursos para a xestión sostible das turbeiras dependente do Ministerio de Ecoloxía e do Desenvolvemento Sostible.
- Irish Peatland Conservation Council (IPCC)
- Universidade de Dundee. Departamento de Xeografía da Escola Ambiental
- Drents Museum que mantén o portal en Interntet “The Mysterious Bogpeople” bogpeople.org, en relación cos aspectos culturais e os estudios paleoambientais
Fundamentalmente o intercambio de experiencias e de información realizarase mediante medios electrónicos e telefónicos pero tamén se efectuarán visitas para abordar aspectos que deban tratarse directamente sobre o terreo. Tamén se propón:
- Creación dunha base de datos de actores europeos relacionados con turbeiras e medios higrófilos e dunha lista de envíos TREMEDAL.
- Envío de información sobre o proxecto LIFE+ TREMEDAL á lista de envíos (TREMEDAL mailing list).
- Enlace dos principais actores europeos e proxectos relacionados cos hábitats abranguidos polo proxecto na páxina Web.
- Realización dunha visita técnica ao ano a proxectos LIFE relacionados con TREMEDAL. A estas visitas asistirán representantes de cada un dos socios (2 visitas por beneficiario ao longo do proxecto).
- Convite a representantes destes proxectos para coñecer os enclaves e se se considera conveniente a que participen nalgún dos talleres ou reunións do proxecto.