C.9. Mellora do estado de conservación de hábitats higrófilos na Illa de San Roque (LIC Parga-Ladra-Támoga)
O cambio de uso, non obstante, favoreceu a evolución cara a campos de cultivos que se compoñen de especies alleas ao complexo húmido, como Lolium sp., Trifolium sp. e Dactylis sp.
Co fin de favorecer a naturalidade dos medios higrófilos e dar unha maior heteroxeneidade aos antigos campos de cultivo, esta acción propón actuar sobre unha superficie de 2,6 ha (propiedade da Deputación Provincial de Lugo) co fin de desenvolver axeitadamente os seguintes hábitats:
- (3110) Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas
- (91E0*) Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior dentro dunha matriz caracterizada pola presenza de Prados con molinias sobre substratos calcarios, turbosos ou arxilolimosos (6410)
- (6430) Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino.
Esta acción permitirá tamén reforzar a poboación existente de Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis na Illa de San Roque, cuxa presenza, pola influencia antrópica pasada, viuse reducida no complexo húmido.
Para a mellora do estado de conservación dos hábitats higrófilos da Illa de San Roque será necesario efectuar unha corrección topográfica na parcela obxecto de actuación, que permita recuperar o ciclo hidrolóxico preexistente antes da implantación de cultivos que provocaron ela transformación. Recuperaranse tamén pequenas canles eliminadas e depresións do terreo. Así mesmo efectuarase unha plantación de especies arbóreas riparias, principalmente Salix atrocinerea.
O aumento da área de ocupación e mellora do estado de conservación dos medios higrófilos, así como o dos efectivos poboacionais de Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis, ten unha grande importancia para asegurar o seu mantemento a longo prazo. Máis se cabe polo contexto de cambio climático actual, no que as achegas hídricas ao medio son cada vez máis irregulares e favorece un desenvolvemento máis elevado das especies exóticas invasoras.