Actuacions

A. Accións preparatorias

Este grupo de accións inclúe a análise sobre a presenza e distribución dos hábitats de turbeira para a Rexión Bioxeográfica Atlántica da Península Ibérica, a súa tipificación e caracterización. Vaise realizar tamén a avaliación “ex ante” dos enclaves do proxecto e a identificación dos indicadores comúns de seguimento do proxecto, así como os proxectos técnicos necesarios para levar a cabo as accións concretas de conservación

A.1. Diagnosis, análisis e identificación de indicadores
Diagnose, análise territorial e identificación de indicadores

Os hábitats obxecto do proxecto son especialmente delicados polo que se fai necesario un seguimento moi exhaustivo da resposta que poidan ter ás accións de restauración levadas a cabo. Precísase, polo tanto, contar con datos científico-técnicos que avalen os criterios de xestión e restauración dos hábitats de turbeiras ou higrófilos comúns para toda a Rexión Bioxeográfica Atlántica da Península Ibérica. Coa acción A1 preténdese reducir o grao de incerteza á hora de establecer os pormenores dos proxectos de restauración, ademais de establecer criterios de xestión extrapolables ao conxunto da rexión bioxeográfica.

Ler completo

A.2. Planificación técnica
Planificación técnica das accións de restauración

As actuacións de restauración de hábitats programadas no apartado C deben ser previamente proxectadas para definir os detalles específicos: levantamentos topográficos, dimensións dos diques, detalle da construción de bebedoiros, etc.

A tipoloxía de proxectos técnicos que se van executar en TREMEDAL inclúe as seguintes actuacións:

 

  • Restauración hidrolóxica.
  • Corrección e reconfiguración topográfica.
  • Realización de infraestruturas para a xestión gandeira sostible:  valados móbiles, bebedoiros.
  • Recuperación da vexetación natural.

Ler completo

 
B. Compra de terreos para a restauración ambiental do Lago Arreo-Caicedo Yuso (Álava

Dende o ano 1956 (e posiblemente dende datas anteriores) vénse producindo unha redución do humidal do Lago Arreo-Caicedo Yuso de polo menos un 14%, ao ser substituídos estes hábitats por cultivos agrícolas. Ademais da ocupación do propio humidal, os cultivos circundantes xeran presións importantes sobre o sistema derivadas da utilización de abonos e fitosanitarios, carrexos de materiais durante os períodos nos que os terreos carecen dunha cuberta vexetal protectora, extracción de auga con destino de rego, etc

Ler completo

 
C. Accións concretas de conservación
  • Actuacións de restauración dos hábitats turbosos e higrófilos dun total de 11 enclaves pertencentes a 5 espazos Natura 2000 e doutros 5 enclaves que formarán parte da Rede Natura 2000 ou contribúen a aumentar a súa coherencia ecolóxica.
  • Recollida, almacenamento e conservación a longo prazo do xermoplasma necesario para garantir as actuacións de restauración a desenvolver no proxecto.

Así, os proxectos para executar as accións concretas de conservación C1 a C9 van redactarse neste apartadoActuaciones de restauración de los hábitats turbosos e higrófilos de un total de 11 enclaves pertenecientes a 5 espacios de la Red Natura 2000 y de otros 5 enclaves que formarán parte de Natura 2000 o contribuyen a aumentar su coherencia ecológica.

Actuación C.1.
Restauración, prevención de impactos e creación de infraestruturas para unha correcta xestión no complexo de turbeiras e hábitats asociados da zona atlántica de Navarra

A acción levarase a cabo nun total de 84,52 ha que inclúen 8 enclaves: Alkurruntz (1,99 ha no LIC Regata de Orabidea); Arxuri (18,31 ha no LIC Regata de Orabidea); Belate (9,17 ha), Okolin (43,6 ha) e Xuriain (2,74 ha) no LIC Belate; e Lixketa (1,54 ha), Maulitx (3,06 ha) e Mendaur (4,11 ha) como “turbeiras para a conectividade”L

Ler completo

Actuación C.2.
 Restauración dos enclaves turbosos do LIC Jaizkibel

Os “trampales repártense por todo o LIC Jaizkibel en forma de pequenas manchas que se intercalan entre pasteiros, queirogais, pequenas reboleiras e plantacións de piñeiro.

Aparecen en ladeiras e cavorcos orientados cara ao mar, asociados a afloramentos e zonas onde a auga de escorrentía queda retida, nun contexto litolóxico dominado polas pedras de gra

Ler completo

Actuación C.3.
Restauración ambiental do LIC Lago Arreo- Caicedo Yuso

Como xa se expuxo na acción B1, o Lago Arreo- Caicedo Yuso e os ecosistemas que alberga están sometidos a diversas presións relacionadas principalmente coa actividade agraria.

Neste sentido, a compra de terreos e o cambio de usos posterior constitúen ferramentas eficaces, pero resulta necesario complementalas con outras actuacións: recuperación da vexetación natural, prevención da erosión, control da fauna alóctona e regulación do uso público.

Ler completo

Actuación C.4.
Restauración, prevención de impactos e creación da turbeira de Usabelartza

A localidade de Usabelartza sitúase no monte Adarra, a uns 500 m do límite do LIC Río Leizaran (ES2120013), nunha zona de cabeceira da rede fluvial incluída neste espazo.

Usabelartza acolle unha representación de turbeiras ácidas de esfagnos, de interese pola súa superficie (superior ás 5 ha) e por incluír depósitos de turba de certa entidade (infrecuentes a escala rexional).

Ler completo

Actuación C.5.
Infraestruturas para unha xestión gandeira compatible coa conservación dos hábitats dos LIC Picos de Europa de Asturias e Castela-León

O pastoreo secular e, ata non moito tempo, excesivo das dúas zonas consideradas nesta acción, supuxo unha mingua do estado de conservación das súas turbeiras e, polo tanto, dos Hábitats de Interese Comunitario que representan. Faise necesaria a introdución de novos elementos na xestión gandeira destes enclaves que, sen prexuízo do aproveitamento dos pastos, permitan evitar a perda de superficie de turbeira e asegurar a longo prazo a funcionalidade destes sistemas turbosos

Ler completo

Actuación C.6.
Mellora do estado de conservación en humidais continentais do LIC Parga-Ladra-Támoga: hábitats higrófilos e de encharcamento temporal en Cospeito

O incremento da actividade agrícola e gandeira durante o século XX no territorio que agora ocupa o LIC Parga-Ladra-Támoga (Galicia) tivo como consecuencia unha drástica redución dos medios higrófilos naturais, que se viron desprazados en favor das terras de labor ou a formación de pasteiros máis ou menos intensivos, chegando mesmo a desecalos nos anos 50.

Ademais, o contexto actual de cambio climático global, agudiza a sensibilidade e fraxilidade dos medios dependentes da auga, xa de por si máis vulnerables, pola menor extensión de superficie que presentan e o consecuente prexuízo para todas aquelas especies silvestres de fauna e flora asociadas

Ler completo

Actuación C.7.
Adecuación do hábitat e reforzamento poboacional de Eryngium viviparum no LIC Parga-Ladra-Támoga

Asociados aos medios higroturfófilos presentes no LIC Parga-Ladra-Támoga teñen cabida unha serie de pequenas depresións nos que se desenvolven medios de auga doce estacional sobre os que a especie prioritaria Eryngium viviparum atopa o hábitat propicio para o seu desenvolvemento.

No contexto climático actual, a configuración e dinámica dos humidais que albergan poboacións da especie prioritaria Eryngium viviparum teñen unha importancia fundamental para a supervivencia da especie. Estas poboacións dependen de ciclos regulares onde se intercalan condicións de inundación (outono e principios de verán) e condicións de seca (verán). A sensibilidade da especie ao ciclo hidrolóxico é patente, e polo tanto ao proceso de cambio climático global, que provoca unha maior irregularidade estacional. Estes factores, unidos á da cada vez maior incidencia das especies exóticas invasoras e a destrución do seu hábitat pola acción humana, son os máis relevantes dende o punto de vista da conservación da especie. O reforzamento e aumento dos seus núcleos poboacionais é unha acción fundamental para poder conservar un taxón de tan restrinxida distribución e tan ameazado

Ler completo

Actuación C.8.
Mellora do estado de conservación dos hábitats prioritarios (7210 *:  91E0*) no LIC Parga-Ladra-Támoga

Esta acción ten como obxectivo a mellora do estado de conservación dos hábitats prioritarios de carácter turbófilo e hidrófilo:

  • 7210 * Turbeiras calcáreas do Cladium mariscus con especies  do Caricion davallianae.
  • 91E0* Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Neste tipo de ambientes as turbeiras funcionan como hábitats de transición entre o bosque húmido e a lagoa. Por este motivo acometeranse accións conxuntas sobre os dous tipos de hábitats, co obxecto de corrixir antigos desequilibrios e permitir o desenvolvemento natural dos ecosistemas.

A acción levarase a cabo no enclave dos Ollos de Begonte onde se atopan representados estes tipos de hábitats

Ler completo

Actuación C.9.
Mellora do estado de conservación dos hábitats higrófilos na Illa de San Roque (LIC Parga-Ladra-Támoga)

Aínda que actualmente a Illa de San Roque é de titularidade pública e o seu uso está destinado á conservación da biodiversidade, no pasado sufriu unha actividade antrópica intensa en forma de cultivos non permanentes, que modificou en boa medida a topografía da chaira aluvial, e polo tanto a configuración dos hábitats presentes na illa.

Co cambio de titularidade, de propiedade privada a pública (entre os anos 2003 e 2006), eliminouse o uso intensivo e actuouse sobre aquelas especies exóticas invasoras que se estableceron na Illa

Ler completo

Actuación C.10.
Recollida, almacenamento e conservación a longo prazo de xermoplasma

É unha acción transversal do proxecto que se levará a cabo nos enclaves que a Acción A1 determine a súa necesidade. Consiste na recolección de sementes de plantas de turbeiras e outros medios hidrófilos nas diferentes localizacións escollidas no proxecto e o seu almacenamento e conservación a longo prazo no Banco de Xermoplasma Vexetal do Xardín Botánico Atlántico (BG-JBA), cuxo equipo científico é persoal do INDUROT (UNIOVI).

Ler completo

Os proxectos construtivos serán consensuados cos concellos propietarios dos terreos e as entidades locais competentes, que ademais se encargarán de tramitar as necesarias autorizacións previas á execución

 
D. Seguimento das repercusións das accións

O seguimento das accións de proxecto e das súas repercusións lévase a cabo mediante as accións de seguimento das accións de restauración sobre os hábitats, sobre as especies e seguimento do impacto socioeconómico.

D.1. Seguimiento de las repercusiones del proyecto sobre los hábitats
Seguimento das repercusións do proxecto sobre os hábitats

Esta acción formula facer o seguimento do impacto das accións de restauración executadas no proxecto. Trátase de medir e documentar a súa eficiencia e valorar o grao no que se alcanzaron os resultados esperados.

Ler completo

D.2. Seguimiento del las repercusiones del proyecto sobre las especies
Seguimento das repercusións do proxecto sobre as especies

Esta acción inclúe o seguimento dos impactos das accións C.1 e C.7 sobre as especies. No caso da Acción C.1 realizarase o seguimento das especies ameazadas obxecto de propagación e reforzo poboacional:  Carex hostiana (en Belate e Arxuri), Rhynchospora fusca (HIC 7150) en Arxuri e Spiranthes aestivalis, (Anexo IV da Directiva “Hábitats”) tamén en Arxuri.

No caso da acción C.7 preténdese fomentar o incremento efectivo de individuos da especie prioritaria Eryngium viviparum dentro dos enclaves de actuación do LIC Parga-Ladra-Támoga (especialmente a Lagoa de Cospeito)

Ler completo

D.3. Seguimento do impacto socioeconómico do proxecto
Seguimento do impacto socioeconómico do proxecto

Este proxecto, ademais de contribuír á conservación das turbeiras e outras zonas húmidas, de aumentar a concienciación social sobre os valores que albergan e a súa importancia na xestión global do territorio, busca ter unha repercusión positiva na poboación e sobre a economía local.

Ler completo

 
E. Plan de comunicación

En relación ao ámbito da comunicación, o LIFE+TREMEDAL busca “informar e sensibilizar o público en xeral sobre os valores e servizos ambientais que proporcionan os humidais continentais en xeral e os hábitats de turbeira e medios higrófilos en particular

Ler completo

 
F. Xestión e coordinación do proxecto

Inclúe unha acción de xestión e coordinación do proxecto, a constitución das redes con outros proxectos, a realización dunha auditoria financeira externa, e a redacción do Plan de conservación despois do LIFE

F.1. Gestión y coordinación del proyecto
Xestión e coordinación do proxecto

O beneficiario coordinador (GAN) debe garantir a correcta planificación, organización, comunicación e xestión do proxecto TREMEDAL e para logralo, establécese unha estrutura de traballo que contará cos seguintes órganos xestores:

  • Comité de Dirección/Pilotaxe, responsable máximo da execución do proxecto. Estará integrado polo director de proxecto de cada beneficiario. Reunirase polo menos tres veces coincidindo coas reunións do Comité Técnico (inicial, intermedia e final).
  • Comité Técnico, responsable da correcta execución das accións. Estará integrado por un representante técnico de cada beneficiario. Este comité reunirase fisicamente en 7 ocasións ao longo do proxecto (Reunións de Consorcio).
  • Equipos de xestión de cada beneficiario: Cada beneficiario contará cun director de proxecto e persoal técnico e administrativo.
  • Equipo Coordinador Externo. A súa función é apoiar ao coordinador beneficiario nas súas tarefas de xestión do proxecto. Para iso subcontratarse un equipo externo – con recoñecida experiencia en xestión de proxectos – que estará baixo o control directo do beneficiario coordinador. Encargarase de enviar os informes á Comisión e será a vía de contacto con esta.

Ler completo

F.2. Constitución de redes con otros proyectos
Constitución de redes con otros proyectos

TREMEDAL propone organizar una Red de Intercambio de Información y Experiencia con otros proyectos (LIFE III, LIFE+, u otros que sean relevantes para los objetivos y acciones propuestos). Esta Red también incluirá organizaciones con experiencia en la restauración y gestión de los hábitats objeto del proyecto.

Ler completo

F.3. Auditoría financiera externa
Auditoría financeira externa

Un auditor independente deberá comprobar os estados financeiros presentados á Comisión no informe final do proxecto. Comprobarase que se respectara a lexislación nacional e as normas contables, e certificarase que todos os gastos en que se incorrera respectan as Disposicións Comúns de LIFE+.

F.4. Plan de conservación después de LIFE
Plan de conservación despois de LIFE

O informe final do TREMEDAL incluirá como capítulo independente o Plan de Conservación post-LIFE, que explicará como se pretende continuar as accións iniciadas no proxecto nos anos posteriores, unha vez finalizado este.

O Plan de Conservación post LIFE incluirá información detallada sobre as accións que sexa necesario levar a cabo para garantir a xestión destes enclaves a longo prazo (cando, quen as executará e cales serán as fontes de financiamento dispoñibles para iso).

É importante resaltar que todos os espazos incluídos no proxecto están baixo a xestión das autoridades competentes en Natura 2000, e que os coñecementos adquiridos durante o proxecto e os resultados do seguimento das accións facilitarán a redacción deste Plan