Investigadores de Xapón visitan os enclaves de actuación do proxecto LIFE TREMEDAL (17/01/2015)
Investigadores das universidades de Hokkaido, Tukushima e Obihiro asistiron á presentación do proxecto LIFE TREMEDAL como exemplo de actuacións orientadas á recuperación e mellora de hábitats de humidais. Posteriormente trasladáronse a diferentes áreas de actuación onde se está a desenvolver o proxecto para comprobar os resultados obtidos.
Esta actividade englóbase dentro dunhas xornadas de traballo e intercambio de coñecementos entre investigadores de universidades de Xapón cos seus homólogos do Ibader e o Proepla.
Posted in: Novas
Deja un comentario (0) →