Noticias

A Comisión Europea verificou sobre o terreo os avances do proxecto TREMEDAL (14/05/2015)

Un grupo de técnicos da Comisión Europea visitou o pasado luns 11 de maio Navarra para supervisar a marcha do proxecto europeo LIFE-TREMEDAL. Ademais de revisar a boa marcha do proxecto a partir da documentación xerada dende o seu inicio en 2012, os enviados da Comisión realizaron unha visita á Turbeira de Belate para constatar os avances no seu estado de conservación tras as actuacións acometidas neste enclave no marco do proxecto TREMEDAL.

Na imaxe, os desprazados á visita á Turbeira de Belate realizan o xesto da bolboreta, en referencia ao Día Internacional da Rede Natura 2000, que se celebrará o próximo 21 de maio.

Nota de prensa

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →