Noticias

Confirmada a presenza actual de Maculinea alcon en Navarra (27/10/2015)

Os traballos de diagnose e seguimento de invertebrados nos humidais do LIFE TREMEDAL en Navarra coordinados/organizados por GANASA e acometidos por Biosfera Consultoría Ambiental están a proporcionar útiles datos para a xestión e agradables sorpresas sobre a situación de especies singulares, ameazadas ou protexidas.

A última alegría proporcionouna a bolboreta formigueira Maculinea alcon, da que non se dispoñía de citas navarras dende hai máis de trinta anos e cuxa reprodución confirmouse no humidal de Jauregiaroztegi, en Auritz-Burguete. Esta bolboreta está asociada a prados húmidos de montaña ramoneados, onde desenvolve un ciclo vital complexo e curioso. En efecto, este ciclo vital implica como planta nutricia á xanzá de turbeira (Gentiana pneumonanthe), para os primeiros estadios larvarios, tras os que a larva debe ser recollida por unha especie de formiga hospedadora (Myrmica), que a levará ao seu formigueiro e alimentará ata que pupe e saia o adulto. Debido a este peculiar ciclo require a presenza tanto da planta nutricia coma da formiga hospedadora.

A súa situación en España foi recentemente revisada considerándose como case ameazada no Atlas e Libro Vermello dos Invertebrados Ameazados. A especial situación de Navarra, onde poderían atoparse as dúas subespecies presentes na Península Ibérica, fai aínda máis interesante esta nova poboación. O seu ciclo vital tan peculiar e a problemática da súa conservación converteron as bolboretas formigueras en especies bandeira na conservación europea, polo que a súa localización en Jauregiaroztegi pon de manifesto un máis dos valores naturais deste humidal navarro.

Maculinea 1

Biólogos buscando ovos e adultos de Maculinea alcon en Jauregiaroztegi, dentro das accións do Life Tremedal.

Maculinea 2

Xanzá con ovo de Maculinea alcon e detalle deste en Jauregiaroztegi.

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →