Noticias

O proxecto LIFE-TREMEDAL recibe o luns 11 de maio a visita da Comisión Europea (08/05/2015)

Responsables técnicos e financeiros da Comisión Europea realizarán o próximo luns 11 de maio unha visita a Navarra para supervisar a marcha do proxecto europeo LIFE-TREMEDAL, cuxo obxectivo é a restauración e conservación de humidais interiores do Norte da Península Ibérica. Ademais de revisar toda a documentación dispoñible na sede de Ganasa en Pamplona, está previsto que realicen unha visita á Turbeira de Belate, unha das turbeiras navarras incluídas no proxecto.

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →