O proxecto LIFE+ TREMEDAL rexistrará as temperaturas dos solos turbosos (21/11/2014)
No marco do proxecto LIFE+ TREMEDAL, o equipo da Universidade de Oviedo / Xardín Botánico Atlántico instalou varios termómetros nas Veigas de Liordes e Comeya. Estes termómetros rexistrarán as temperaturas do solo ao longo dos próximos cinco anos, achegando unha información valiosa sobre a ecoloxía particular destes hábitats. Os termómetros das Veigas de Liordes e Comeya únense a unha rede de termómetros xa instalados noutros sete enclaves turbosos da Cordilleira Cantábrica.
A instalación seguiu a metodoloxía do coñecido proxecto GLORIA, destinado á observación dos efectos do cambio climático nos ecosistemas de montaña. Os datos recollidos servirán para entender mellor as particularidades térmicas dos solos encharcados e turbosos, así como para elaborar modelos relativos a procesos ecofisiolóxicos como o control da xerminación. Así mesmo, servirá para comparar cos datos de vexetación obtidos no seguimento que se prevé facer sobre os cercados de exclusión de gando.
Posted in: Novas
Deja un comentario (0) →