Noticias

O Día Mundial dos Humidais celébrase en Navarra baixo un manto de neve. (12/02/2013)

Preto de 40 persoas reuníronse onte domingo en Auritz/Burguete, para celebrar o Día Mundial dos Humidais. O manto de neve recén caída e un día frío pero soleado, fixeron que a visita ao humedal de Jauregiaroztegi resultase especial. Jokin Larumbe, do Departamento de Medio Ambiente, Asun Berastegi, de Gestión Ambiental de Navarra e o propio alcalde de Burguete, Joxepe Irigarai foron os encargados de guiar unha visita na que se resaltaron os valores ambientais da Linga, a importancia da xestión que se está a levar a cabo, e, mesmo algunhas anécdotas do lugar na súa recente historia tras os seus máis de 6.000 anos de riqueza biolóxica.

dia-humedales-2Despois da visita, o grupo reuniuse na Casa de Cultura local para presentar o proxecto europeo LIFE Tremedal “Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos”, que vai estudar e mellorar o estado de conservación das turbeiras da zona atlántica de Galicia, Asturias, Euskadi e Navarra, entre as que atópase Jauregiaroztegi. Comisión Europea e Goberno de Navarra financian o proxecto, que durante os próximos anos concederá o protagonismo merecido a estes hábitats tan especiais e con valores de tanto interese como descoñecidos para grande parte da poboación.

Posted in: Novas

Deja un comentario (0) →