{"id":2427,"date":"2014-02-27T12:13:50","date_gmt":"2014-02-27T11:13:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/?page_id=2427"},"modified":"2023-02-10T15:46:35","modified_gmt":"2023-02-10T14:46:35","slug":"usabelartza","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/humidais\/usabelartza\/","title":{"rendered":"Usabelartza"},"content":{"rendered":"<div class=\"one_half\">\n<p><strong>Nome do enclave<\/strong>: Usabelartza<br \/>\n<strong>Categor\u00edas de protecci\u00f3n:<\/strong> Este enclave, precisamente polos h\u00e1bitats higroturbosos que alberga, est\u00e1 proposto para a s\u00faa inclusi\u00f3n na ZEC ES2120013 Leitzaran ibaia \/ R\u00edo Leitzaran.<br \/>\n<strong>Localidade:<\/strong> Pertence ao termo municipal de Andoain, Gipuzkoa.<br \/>\n<strong>Rexi\u00f3n:<\/strong> Pa\u00eds Vasco<br \/>\n<strong>Superficie:<\/strong> 5,7 hect\u00e1reas<br \/>\n<strong>Altitude:<\/strong> 600 metros<br \/>\n<strong>Coordenada de referencia:<\/strong> 30TWN8283, 30TWN8383.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/Euskadi_TremedalEnclaves_A3_Usabelartza.pdf\">Ver mapa<\/a><\/p>\n<\/div>\n<div class=\"one_half\">\n<\/div>\n<div class=\"hr hr-dotted\">&nbsp;<\/div>\n<h5>As formaci\u00f3ns turbosas do enclave de Usabelartza sit\u00faanse nunha zona de cabeceira da rede fluvial de la ZEC Leitzaran.<\/h5>\n<p>Estes mires ou tremoais acid\u00f3filos-esfagnais aparecen nunha zona de outeiro ou ladeira de escasa pendente, na que a abundante pluviometr\u00eda local queda retida formando solos hidrom\u00f3rficos favorables para estas formaci\u00f3ns. Isto, unido \u00e1 litolox\u00eda local aflorante, con predominio sil\u00edceo, permite o desenvolvemento de flora acid\u00f3fila, que soporta o importante lavado de nutrientes que se produce e o seu car\u00e1cter de solos permanentemente encharcados. Neste sentido os bri\u00f3fitos do x\u00e9nero <em>Sphagnum<\/em> son bos especialistas, polo que est\u00e1n ben representados neste enclave. O humidal ten unha morfolox\u00eda irregular, lobulada, que se reparte entre zonas de plantaci\u00f3ns forestais diversas (<em>Picea<\/em> sp., <em>Chamaecyparis<\/em> <em>lawsoniana<\/em>, <em>Pinus<\/em> <em>nigra<\/em>, <em>Larix<\/em> sp.) e un amplo cortalumes -de 70 m de anchura- que cruza o humidal en sentido este-oeste. Tam\u00e9n \u00e9 relevante para a s\u00faa conservaci\u00f3n a presenza dunha pista e unha senda frecuentada por monta\u00f1eiros no seu ascenso ao pr\u00f3ximo cume de Adarra.<\/p>\n<dl class=\"accordion\"><dt>VALORES M\u00c1IS RELEVANTES<\/dt><dd><p><strong>Singularidade<\/strong><br \/>\nOs tremoais acid\u00f3filos de Usabelartza te\u00f1en relevancia polo valor intr\u00ednseco de estes enclaves, que intercalan h\u00e1bitats diferenciados enriquecendo a biodiversidade do mosaico de queirogais e plantaci\u00f3ns forestais, ademais de proporcionar recursos aos ecosistemas circundantes, moi relacionados coa dispo\u00f1ibilidade de auga (zonas de cr\u00eda e de consumo de auga para fauna, focos de recolonizaci\u00f3n para especies de flora, etc.).<\/p>\n<p><strong>Valores biol\u00f3xicos e ecol\u00f3xicos<\/strong><br \/>\nO valor principal dende o punto de vista ecol\u00f3xico constit\u00faeno os tremoais acid\u00f3filos-esfagnais (7140), que cunha superficie que pode parecer modesta (5,7 ha) destaca no contexto rexional (s\u00f3 superada por enclaves dos montes Gorbeia e Ordunte). Pola s\u00faa situaci\u00f3n, intermedia entre a zona costeira -extremo occidental dos Pireneos (ao nord\u00e9s) e as zonas de monta\u00f1a da Divisoria de augas atl\u00e1ntico-mediterr\u00e1nea (ao sueste), contrib\u00fae \u00e1 conectividade ecol\u00f3xica destes enclaves entre a Cornixa cant\u00e1brica e os Pireneos. Alberga unha especie de flora cun importante nivel de ameaza: <em>Drosera<\/em> <em>intermedia<\/em>. Esta planta insect\u00edvora est\u00e1 presente unicamente en tres enclaves na CAPV:\u00a0 Jaizkibel e Usabelartza (obxecto de acci\u00f3ns do proxecto TREMEDAL) e Izki (obxecto de acci\u00f3ns do proxecto LIFE pro Izki). Nas zonas non cubertas por plantaci\u00f3ns forestais -os contralumes- os tremoais mant\u00e9\u00f1ense en equilibrio co h\u00e1bitat prioritario 6230 * Formaci\u00f3ns herb\u00e1ceas con <em>Nardus.<\/em><\/p>\n<p><strong>Valores hist\u00f3ricos e paleoecol\u00f3xicos<\/strong><br \/>\nEn Usabelartza est\u00e1n presentes unhas das escasas turbeiras da CAPV con dep\u00f3sitos de turba que se conservaron ata os nosos d\u00edas. Nunha das s\u00faas zonas os dep\u00f3sitos superan os 150 cm, polo que reviste interese dende o punto de vista paleoecol\u00f3xico.<\/p>\n<p><strong>H\u00e1bitats de Interese Comunitario<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>6230* Formaci\u00f3ns herb\u00e1ceas con <em>Nardus.<\/em><\/li>\n<li>7140 &#8216;Mires&#8217; de transici\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Flora<\/strong><br \/>\nO m\u00e1is destacable \u00e9 a xa mencionada <em>Drosera intermedia<\/em>, catalogado na CAPV como En perigo de extinci\u00f3n polo seu nivel de ameaza.<\/p>\n<p><strong>Fauna<\/strong><br \/>\nNon se conta con informaci\u00f3n espec\u00edfica sobre fauna asociada \u00e1s turbeiras de Usabelartza. Pola s\u00faa distribuci\u00f3n na CAPV, \u00e9 previsible a presenza de <em>Zooteca vivipara<\/em> (lagarto das bra\u00f1as). En canto a invertebrados, citouse a presenza dos odonatos <em>Onychogomphus uncatus<\/em> (LC) e <em>Orthetrum coerulescens<\/em> (non ameazada).<\/p>\n<\/dd><dt>ESTADO ACTUAL<\/dt><dd><p>Os principais factores negativos que afectan \u00e1s turbeiras de Usabelartza son:<\/p>\n<ul>\n<li>Plantaci\u00f3ns forestais: contrib\u00faen ao seu desecamento e xeran sombra que prexudica \u00e1s especies de turbeira heli\u00f3filas, de gran valor.<\/li>\n<li>Pista forestal: altera o funcionamento h\u00eddrico do sistema. Tam\u00e9n se xeran ocasionalmente tr\u00e1nsitos alternativos de veh\u00edculos motorizados.<\/li>\n<li>Senda: prod\u00facense tr\u00e1nsitos alternativos que xeran danos por piso e pequenos procesos erosivos.<\/li>\n<\/ul>\n<\/dd><dt>DIRECTRICES PARA A XESTI\u00d3N E A CONSERVACI\u00d3N<\/dt><dd><p>Co fin de corrixir as presi\u00f3ns que operan en Usabelartza, as li\u00f1as de actuaci\u00f3n previstas son:<\/p>\n<ol start=\"1\">\n<li>Retiro forestal. Esta medida est\u00e1 destinada a reducir a presi\u00f3n que exercen as plantaci\u00f3ns lindantes. Form\u00falase eliminar este arboredo nun per\u00edmetro de 25 m dende a marxe do humidal hidroturboso.<\/li>\n<li>Eliminaci\u00f3n de especies al\u00f3ctonas. Procederase a eliminar un rodal de <em>Chamaecyparis lawsoniana<\/em> que queda rodeado por dous brazos de turbeiras, entre a pista e o arroio de sa\u00edda do cavorco setentrional.<\/li>\n<li>Correcci\u00f3n hidrol\u00f3xica. Levaranse a cabo tres medidas:\n<ul>\n<li>Realizaci\u00f3n de drenaxes transversais baixo unha pista que ascende cara ao monte Adarra pola \u00e1rea de recarga e alimentaci\u00f3n h\u00eddrica da parte m\u00e1is valiosa do humidal, a \u00fanica que presenta dep\u00f3sitos de turba.\u00a0 Co fin de que os caudais cheguen do modo m\u00e1is difuso posible, non se concentrar\u00e1 a auga circulante nunha \u00fanica drenaxe, sen\u00f3n que se recorrer\u00e1 a varios repartidos por todo o tramo. Terase en conta o risco de chegada de sedimentos ao humidal tanto durante a execuci\u00f3n da obra como posteriormente, aplicando medidas de retenci\u00f3n de finos.<\/li>\n<li>Modificaci\u00f3n dunha gabia existente entre a pista e o monumento megal\u00edtico, creando mediante un dique unha l\u00e1mina de auga. Deste modo corr\u00edxese o impacto negativo que orixina sobre o funcionamento h\u00eddrico deste enclave e introd\u00facese diversidade ao proporcionar un h\u00e1bitat para anfibios e invertebrados.<\/li>\n<li>Enchido da gabia que hai ao outro lado da pista, ao sur de la anterior. Tam\u00e9n busca corrixir o efecto sobre a drenaxe local.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li>Correcci\u00f3n topogr\u00e1fica. Eliminarase e restaurarase a traza de pista que se interna no cavorco setentrional, atravesando o arroio. O obxectivo \u00e9 tanto recuperar esta zona como evitar a circulaci\u00f3n de calquera tipo de veh\u00edculo por esta zona.<\/li>\n<li>Acondicionamento da senda.\u00a0 Tr\u00e1tase do cami\u00f1o tradicional, anterior \u00e1 pista que vai pola parte m\u00e1is elevada do outeiro, entre a divisoria de ambas as d\u00faas zonas h\u00famidas. O seu arranxo canalizar\u00e1 por el os percorridos de sendeiristas, evitando a proliferaci\u00f3n de itinerarios alternativos. Form\u00falase tam\u00e9n un tratamento lixeiro do terreo para disuadir os sendeiristas de empregar recorrido alternativos e favorecer a s\u00faa recuperaci\u00f3n e que no menor tempo posible non sexa observable ela traza. Recorrerase a laboreo manual e balizado das zonas intervidas<\/li>\n<\/ol>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/dd><\/dl>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As formaci\u00f3ns turbosas do enclave de Usabelartza sit\u00faanse nunha zona de cabeceira da rede fluvial de la ZEC Leitzaran. Estes mires ou tremoais acid\u00f3filos-esfagnais aparecen nunha zona de outeiro ou ladeira de escasa pendente, na que a abundante pluviometr\u00eda local queda retida formando solos hidrom\u00f3rficos favorables para estas formaci\u00f3ns. Isto, unido \u00e1 litolox\u00eda local aflorante, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":992,"menu_order":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","template":"page-template-left-nav.php","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-2427","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2427","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2427"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2427\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12065,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2427\/revisions\/12065"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/992"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2427"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}