{"id":2374,"date":"2014-02-26T16:48:15","date_gmt":"2014-02-26T15:48:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/?page_id=2374"},"modified":"2023-02-10T15:50:49","modified_gmt":"2023-02-10T14:50:49","slug":"lagoa-de-cospeito","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/humidais\/lagoa-de-cospeito\/","title":{"rendered":"Lagoa de Cospeito"},"content":{"rendered":"<p><strong><\/strong><b>Nome do enclave:<\/b> Lagoa de Cospeito<a href=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/cospeito_01.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright\" alt=\"cospeito_01\" src=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/cospeito_01-300x199.jpg\" width=\"295\" height=\"196\" \/><\/a><br \/>\n<b>Categor\u00edas de protecci\u00f3n:<\/b> Incl\u00faese no LIC ES1120003 Parga-Ladra-T\u00e1moga e na Zona de Especial Protecci\u00f3n dos Valores Naturais Parga-Ladra-T\u00e1moga.<br \/>\n<b>Localizaci\u00f3n:<\/b> Pertencente ao termo municipal de Cospeito, provincia de Lugo.<br \/>\n<b>Rexi\u00f3n:<\/b> Galicia<br \/>\n<b>Coordenada de Referencia:<\/b> 1 Km E2906N2403<br \/>\n<b>Superficie do Humidal:<\/b> 70 ha.<br \/>\n<b>Altitude:<\/b> 397m.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/Galicia_TremedalEnclaves_A3_LagoaCospeito.pdf\">Ver mapa<\/a><\/p>\n<div class=\"hr hr-dotted\">&nbsp;<\/div>\n<h5><b>Extenso humidal localizado na chaira aluvial do r\u00edo Guisande ao que permanece conectado por un sistema de comportas constru\u00eddas no ano 1991, ano no que finalizaron as obras de restauraci\u00f3n de humidal orixinal, o c\u00e1l fora desecado a mediados do s\u00e9culo pasado como consecuencia das actuaci\u00f3ns do Instituto de Colonizaci\u00f3n Agraria<\/b>.<\/h5>\n<p>O humidal da Lagoa de Cospeito at\u00f3pase constitu\u00eddo por tres grandes medios ecol\u00f3xicos. Un medio de augas estancadas, representado por d\u00faas grandes masas de auga permanente e un conxunto heterox\u00e9neo de charcas temporais. Un medio de augas correntes, constitu\u00eddo polo r\u00edo Guisande e as pequenas canles de auga que cruzan o humidal. E por \u00faltimo, un medio semiterrestre ou higr\u00f3filo, que abrangue comunidades cun grao variable de naturalidade (bosques e queirogais h\u00famidas, xunqueiras, prados de sega, etc.).<\/p>\n<p>Debido \u00e1 confluencia de achegas pluviais e fluviais, config\u00farase unha extensa l\u00e1mina de auga pouco profunda e cunha importante taxa de renovaci\u00f3n. No per\u00edodo primaveral e estival, as achegas de auga descenden progresivamente, quedando exoneradas superficies que a mediados do ver\u00e1n permiten o desenvolvemento de formaci\u00f3ns herb\u00e1ceas de mediano porte, configurando as\u00ed un intricado mosaico no que se insiren pequenas depresi\u00f3ns que mant\u00e9n a l\u00e1mina de auga ata o fin do per\u00edodo primaveral.<\/p>\n<p>A titularidade do humidal corresponde a Xunta de Galicia, quen establece como usos principais a conservaci\u00f3n dos valores ambientais e o aproveitamento do uso p\u00fablico do espazo. Todo o humidal at\u00f3pase dentro do Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protecci\u00f3n dos Valores Naturais Parga-Ladra-T\u00e1moga. Dado o seu interese para a conservaci\u00f3n, este enclave incl\u00faese dentro da Zona &#8220;\u00c1rea de Protecci\u00f3n&#8221; tal e como se reflicte no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia .<\/p>\n<p>A Lagoa de Cospeito forma parte da Zona N\u00facleo da Reserva de Biosfera Terras do Mi\u00f1o , dispo\u00f1endo dun centro de informaci\u00f3n para os visitantes e de sendas ben delimitadas para o desfrute e uso p\u00fablico deste lugar.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<dl class=\"accordion\"><dt><b>VALORES M\u00c1IS RELEVANTES<\/b><\/dt><dd><p>Os medios presentes no humidal da Lagoa de Cospeito albergan unha grande diversidade de h\u00e1bitats naturais caracter\u00edsticos dos humidais da rexi\u00f3n bioxeogr\u00e1fica Atl\u00e1ntica, once dos cales son considerados como de interese comunitario. Xunto a estes h\u00e1bitats naturais tam\u00e9n est\u00e1n representados h\u00e1bitats cuxa orixe, configuraci\u00f3n e mantemento est\u00e1n directamente vinculados coa actividade humana.<\/p>\n<p>Os h\u00e1bitats naturais de interese comunitario que alcanzan maior extensi\u00f3n son os inclu\u00eddos dentro do grupo de h\u00e1bitats de auga doce, xa sexa estancada ou corrente, temporal ou permanente. En funci\u00f3n destas variables e do nivel tr\u00f3fico p\u00f3dense distinguir dentro do humidal ata catro tipos de h\u00e1bitats de auga doce estancada (3110; 3120; 3130 e 3150) e dous h\u00e1bitats de auga doce corrente (3260 e 3270).<\/p>\n<p>\u00c9 precisamente nos medios de auga estancada e nas zonas de transici\u00f3n a medios semiterrestres onde se localizan os valores m\u00e1is relevantes do humidal, destacando por enriba de todos unha poboaci\u00f3n estable de individuos de <i>Eryngium viviparum<\/i> Gay, umbel\u00edfera inclu\u00edda no Anexo II da Directiva H\u00e1bitats e sinalada como especie prioritaria. Outra especie de flora inclu\u00edda no Anexo II da Directiva Comunitaria e presente no humidal, \u00e9 <i>Luronium natans<\/i> (L.) Rafin, planta acu\u00e1tica que vive nos bordos de charcas e lagoas, as\u00ed como en remansos de r\u00edos e leitos superficiais.<\/p>\n<\/dd><dt>ESTADO ACTUAL<\/dt><dd><p>Na actualidade, o enclave at\u00f3pase moi ben conservado, sendo un dos humidais con maior grao de naturalidade da comunidade aut\u00f3noma de Galicia.<\/p>\n<p>Non obstante, as actuaci\u00f3ns de colonizaci\u00f3n (1956) e o posterior aproveitamento agr\u00edcola do humidal de Cospeito realizado ata mediados do s\u00e9culo XX reduciron a superficie ocupada polos queirogais, especialmente aqueles inclu\u00eddos dentro do tipo de h\u00e1bitat prioritario 4020* (Queirogais h\u00famidos continentais de <i>Erica ciliaris<\/i> e <i>Erica tetralix<\/i>). A pesar de que no proceso de restauraci\u00f3n as \u00e1reas ocupadas por este tipo de h\u00e1bitat foron preservadas para favorecer a s\u00faa expansi\u00f3n, a s\u00faa representaci\u00f3n \u00e9 actualmente menor \u00e1 que lle corresponder\u00eda de forma natural.<\/p>\n<\/dd><dt><b>DIRECTRICES PARA A XESTI\u00d3N E A CONSERVACI\u00d3N<\/b><\/dt><dd><p>Garantir un r\u00e9xime de inundaci\u00f3n axeitado, manter a calidade das augas e o control de especies ex\u00f3ticas, son os principais retos en canto \u00e1 xesti\u00f3n deste espazo. Estas necesidades deber\u00e1n ir acompa\u00f1adas do axeitado fomento do uso p\u00fablico de humidal e dun proceso continuo de estudio no que se integre a an\u00e1lise da diversidade vexetal e faun\u00edstica.<\/p>\n<\/dd><dt>FOTOS<\/dt><dd><p><a href=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/cospeito_01.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" alt=\"cospeito_01\" src=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/cospeito_01-300x199.jpg\" width=\"317\" height=\"210\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/cospeito_03.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" alt=\"cospeito_03\" src=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/cospeito_03-300x199.jpg\" width=\"322\" height=\"213\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/100708_62.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" alt=\"100708_62\" src=\"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/wp-content\/uploads\/100708_62-300x120.jpg\" width=\"322\" height=\"128\" \/><\/a><\/p>\n<\/dd><\/dl><p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nome do enclave: Lagoa de Cospeito Categor\u00edas de protecci\u00f3n: Incl\u00faese no LIC ES1120003 Parga-Ladra-T\u00e1moga e na Zona de Especial Protecci\u00f3n dos Valores Naturais Parga-Ladra-T\u00e1moga. Localizaci\u00f3n: Pertencente ao termo municipal de Cospeito, provincia de Lugo. Rexi\u00f3n: Galicia Coordenada de Referencia: 1 Km E2906N2403 Superficie do Humidal: 70 ha. Altitude: 397m. Ver mapa Extenso humidal localizado na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":992,"menu_order":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","template":"page-template-left-nav.php","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-2374","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2374","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2374"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2374\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12078,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2374\/revisions\/12078"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/992"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2374"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}