{"id":2276,"date":"2014-02-26T12:50:16","date_gmt":"2014-02-26T11:50:16","guid":{"rendered":"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/?page_id=2276"},"modified":"2014-02-26T12:50:16","modified_gmt":"2014-02-26T11:50:16","slug":"accion-c-3","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/life-tremedal-2\/actuacions\/accion-c-3\/","title":{"rendered":"Acci\u00f3n C.3"},"content":{"rendered":"<h2>C.3. Restauraci\u00f3n ambiental do LIC Lago Arreo-Caicedo Yuso<\/h2>\n<h5><span style=\"color: #ff0000;\">A compra dos terreos e o seu posterior cambio de usos ser\u00e1n complementados coas seguintes actuaci\u00f3ns:\u00a0<\/span><\/h5>\n<h5>1. Recuperaci\u00f3n da vexetaci\u00f3n natural<\/h5>\n<p>a) <strong>Recuperaci\u00f3n do bosque galer\u00eda do rego do lago.<\/strong> Este curso fluvial de marcado car\u00e1cter estacional mostra unha vexetaci\u00f3n de ribeira discontinua; pequenos redutos integrados por alg\u00fan chopo, salgueiros e un estrato arbustivo que entra en contacto coa vexetaci\u00f3n palustre. Plantaranse exemplares de pequeno tama\u00f1o do \u00e1mbito, de dous zumes como m\u00e1ximo ou procedentes de estaquillas, segundo a especie. Farase en ambas as d\u00faas marxes, ao longo dos 800 metros que discorren polas parcelas obxecto de compra na acci\u00f3n B1. As especies que se prev\u00e9 plantar son <em>Prunus spinosa, Fraxinus excelsior, Salix atrocinerea, Salix eleagnos, Alnus glutinosa, Anemone nemorosa, Ulmus minor, Euonymus europaeus <\/em>e<em> Corylus avellana<\/em>.<\/p>\n<p>b) <strong>Revexetaci\u00f3n da masa forestal na marxe do bosque existente<\/strong>. No \u00e1mbito do lago, o carrizal-carregal potencialmente dar\u00eda paso paulatinamente a formaci\u00f3ns de carrasquedo montano subh\u00famido (9340), carballeira submediterr\u00e1nea (9240) e algunha zona con presenza de <i>Quercus cerris<\/i>, dependendo da exposici\u00f3n do terreo. Esta acci\u00f3n prop\u00f3n plantaci\u00f3ns destinadas a diminu\u00edr o cambio tan brusco que se produce entre o bosque e os cultivos, restaurando d\u00faas \u00e1reas situadas no l\u00edmite do carrasquedo mediante mellora e diversificaci\u00f3n da cobertura vexetal degradada ou case inexistente:<\/p>\n<ul>\n<li>no \u00e1mbito do manancial salino buscarase un bosque de <span style=\"text-decoration: underline;\">carrasquedo montano subh\u00famido<\/span> mediante a plantaci\u00f3n de especies como <em>Quercus ilex subsp. rotundifolia, Q. faginea <\/em>e<em> Juniperus communis<\/em><\/li>\n<li>un <span style=\"text-decoration: underline;\">bosque de transici\u00f3n carrasquedo-cerqueiral<\/span> con elementos de cerqueiral, coa plantaci\u00f3n de especies como <em>Quercus ilex subsp. rotundifolia, Q. faginea, Q. pyrenaica, Crataegus monogyna <\/em>e<em> Juniperus communis<\/em>.<\/li>\n<\/ul>\n<p>c) <strong>Favorecer o avance por rexeneraci\u00f3n natural do carregal-carrizal no \u00e1mbito m\u00e1is pr\u00f3ximo ao lago<\/strong>. Tendo en conta o resultado do estudio topogr\u00e1fico (Acci\u00f3n A2) definirase a forma de restitu\u00edr a morfolox\u00eda inicial do terreo e a restauraci\u00f3n dos h\u00e1bitats de interese. Est\u00edmase que se poder\u00e1 alcanzar unha recuperaci\u00f3n do 14%, \u00e9 dicir, 1,5 ha de superficie dos h\u00e1bitats tipo 7210*, 7230, 1410 e 1510*.<\/p>\n<p>d) <strong>Restauraci\u00f3n do h\u00e1bitat 6210*.<\/strong> Levarase a cabo na superficie das parcelas agr\u00edcolas nas que non se restaurar\u00e1n os h\u00e1bitats anteriormente mencionados (9240, 9340, 7210*, 7230, 1410 e 1510*).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5>2. Prevenci\u00f3n da erosi\u00f3n<\/h5>\n<p>Un dos problemas que ten o lago \u00e9 a inestabilidade do noiro da zona norte. Para evitar desprendementos \u00e9 imprescindible o <strong>mantemento de vexetaci\u00f3n<\/strong> na zona que anule ou minimice os efectos erosivos e restrinxir os usos que poidan favorecer \u00e1 erosi\u00f3n. A acci\u00f3n B1 incl\u00fae a compra de d\u00faas parcelas de propiedade particular que se sit\u00faan na parte alta do noiro, sendo o resto propiedade p\u00fablica. Con esta compra restrinxiranse os usos sobre este terreo. No que respecta \u00e1 vexetaci\u00f3n, descart\u00e1ronse as plantaci\u00f3ns posto que ten unha boa masa de <i>Quercus cerris<\/i> e\u00a0 <i>Quercus ilex<\/i>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5>3. Control de fauna al\u00f3ctona<\/h5>\n<p>a) <strong>Especies pisc\u00edcolas:<\/strong> Empregaranse dous m\u00e9todos espec\u00edficos:<\/p>\n<ul>\n<li>Pesca pasiva con redes de galadas, de diferentes aberturas de malla, na cubeta do lago con augas m\u00e1is profundas e pesca el\u00e9ctrica na zona litoral, pouco profunda e con vexetaci\u00f3n emerxente.<\/li>\n<li>Pesca el\u00e9ctrica no per\u00edmetro do lago, salvo o seu noiro norte, debido \u00e1 inestabilidade desta zona e a que as augas alcanzan rapidamente unha marcada profundidade.<\/li>\n<\/ul>\n<p>b) <strong>Cangrexo vermello:<\/strong> Recorrerase tam\u00e9n a dous m\u00e9todos:<\/p>\n<ul>\n<li>Captura pasiva mediante utilizaci\u00f3n de nasas cangrexeiras.<\/li>\n<li>Captura directa a man e con axuda de sacadeiras e reteis.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5>4. Regulaci\u00f3n do uso recreativo.<\/h5>\n<p>Dada a elevada vulnerabilidade da vexetaci\u00f3n que rodea o lago e a existencia de pr\u00e1cticas non autorizadas de captaci\u00f3n de auga e introduci\u00f3n de fauna al\u00f3ctona, pecharanse ou dificultar\u00e1n todas as zonas actualmente practicables de acceso ao lago e instalarase sinalizaci\u00f3n que expo\u00f1a a prohibici\u00f3n de acceso.<\/p>\n<p>Crearase unha \u00fanica entrada nova -s\u00f3 de acceso a persoal autorizado para as tarefas de xesti\u00f3n e seguimento- que permanecer\u00e1 pechada.<\/p>\n<p>Para facilitar o uso p\u00fablico do espazo N2000 pero \u00e1 vez protexer os seus h\u00e1bitats m\u00e1is vulnerables form\u00falase facilitar un espazo alternativo acondicionando o \u00e1mbito da Ermida de Nosa Se\u00f1ora do Lago co fin de <strong>canalizar o uso p\u00fablico<\/strong>. Tr\u00e1tase dunha localizaci\u00f3n separada do humidal por unha estrada veci\u00f1al e zonas de cultivo, polo que pode concentrar o uso p\u00fablico e evitar as\u00ed efectos negativos sobre o humidal.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>C.3. Restauraci\u00f3n ambiental do LIC Lago Arreo-Caicedo Yuso A compra dos terreos e o seu posterior cambio de usos ser\u00e1n complementados coas seguintes actuaci\u00f3ns:\u00a0 1. Recuperaci\u00f3n da vexetaci\u00f3n natural a) Recuperaci\u00f3n do bosque galer\u00eda do rego do lago. Este curso fluvial de marcado car\u00e1cter estacional mostra unha vexetaci\u00f3n de ribeira discontinua; pequenos redutos integrados por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":2247,"menu_order":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","template":"page-template-left-nav.php","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-2276","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2276","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2276"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2276\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2277,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2276\/revisions\/2277"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2247"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2276"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}