{"id":2268,"date":"2014-02-26T12:39:08","date_gmt":"2014-02-26T11:39:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/?page_id=2268"},"modified":"2014-02-26T12:43:09","modified_gmt":"2014-02-26T11:43:09","slug":"accion-c-1","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/life-tremedal-2\/actuacions\/accion-c-1\/","title":{"rendered":"Acci\u00f3n C.1"},"content":{"rendered":"<h2>C.1. Restauraci\u00f3n, prevenci\u00f3n de impactos e creaci\u00f3n de infraestruturas para unha correcta xesti\u00f3n no complexo de turbeiras e h\u00e1bitats asociados da zona atl\u00e1ntica de Navarra<\/h2>\n<h5><span style=\"color: #ff0000;\">Realizaranse <strong>catro tipos de actuaci\u00f3ns de restauraci\u00f3n<\/strong> para mellorar o estado de conservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats de interese comunitario 4020*, 6410, 7140 e 7150 localizados nestes enclaves.<\/span><\/h5>\n<p>Con estas actuaci\u00f3ns tam\u00e9n se favorecer\u00e1 o h\u00e1bitat 6420 e algunhas especies vexetais clave para manter a estrutura destes h\u00e1bitats e que est\u00e1n ameazadas: <em>Carex hostiana<\/em> e <em>Rhynchospora fusca<\/em> (para 7150), <em>Spiranthes aestivalis<\/em> (Anexo IV).<\/p>\n<p><strong>1. Correcci\u00f3n hidrol\u00f3xica<\/strong><\/p>\n<p>Ten como obxectivo atrasar a sa\u00edda de auga do sistema nos enclaves de Alkurruntz, Belate e Lixketa. Farase mediante o peche de drenaxes con diques e o esvaecido de gabias de drenaxe coa irregularizaci\u00f3n manual do terreo. A colocaci\u00f3n de pequenos diques de madeira serve ademais para elevar a capa fre\u00e1tica en determinadas zonas e crear \u00e1reas con diferentes graos de humidade (dende pequenas charcas permanentes, a zonas encharcadas temporalmente, pastos h\u00famidos, etc.).<\/p>\n<p>No caso de Belate xa levouse a cabo con \u00e9xito esta actuaci\u00f3n (2008-2009) pero consid\u00e9rase conveniente instalar novos diques noutras zonas do humidal.<\/p>\n<p><strong>2. Prevenci\u00f3n de ameazas e correcci\u00f3n de impactos polo uso de pistas<\/strong><\/p>\n<p>Nos enclaves de Lixketa, Maulitx e Belate identific\u00e1ronse ameazas e impactos ocasionados por veh\u00edculos todoterreo ao acceder aos pasteiros e matogueiras de monta\u00f1a.<\/p>\n<p>En <span style=\"text-decoration: underline;\">Lixketa<\/span>, ademais das alteraci\u00f3ns por drenaxe, existe unha pista que bordea o enclave polo seu extremo occidental nun tramo duns 100 m. Neste caso, o proxecto debe garantir o funcionamento hidrol\u00f3xico do enclave de xeito compatible co uso da pista.<\/p>\n<p>En <span style=\"text-decoration: underline;\">Maulitx<\/span>, a problem\u00e1tica \u00e9 similar a ala de Lixketa, pero ademais algunhas das poboaci\u00f3ns das especies m\u00e1is relevantes do enclave (<em>Lycopodiella inundata<\/em>) at\u00f3panse moi pr\u00f3ximas ao trazado da pista e polo tanto a s\u00faa adecuaci\u00f3n \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is delicada.<\/p>\n<p>En <span style=\"text-decoration: underline;\">Belate<\/span>, a pista perimetral \u00e1 zona de turbeira cercada que \u00e9 obxecto de restauraci\u00f3n dende 2008, atravesa unha pequena zona tendente ao encharcamento e tam\u00e9n un pequeno rego, o que provoca a alteraci\u00f3n progresiva da vexetaci\u00f3n nestes tramos.<\/p>\n<p><strong>3. Instalaci\u00f3n de infraestruturas para a xesti\u00f3n gandeira<\/strong><\/p>\n<p>A experiencia adquirida na turbeira de Belate confirma a necesidade de instalar peches gandeiros para garantir un manexo compatible coa conservaci\u00f3n dos valores naturais presentes. Pero en ocasi\u00f3ns, a instalaci\u00f3n dos peches limita o acceso \u00e1s fontes que son bebedoiros e que cumpren a funci\u00f3n de relaxar a presi\u00f3n do gando sobre os enclaves h\u00famidos sobre todo nos ver\u00e1ns m\u00e1is secos. \u00c9 necesario polo tanto, acondicionar novos bebedoiros que serven tam\u00e9n como medida compensatoria para os gandeiros que te\u00f1en o seu raba\u00f1o na zona e que ven dalg\u00fan xeito limitada a s\u00faa actividade na zona (restrici\u00f3ns de acceso \u00e1s zonas cercadas principalmente).<\/p>\n<p>TREMEDAL prev\u00e9 realizar cercados gandeiros en Alkurruntz, Arxuri, Mendaur, Okolin e Xuriain, e acondicionar novos bebedoiros en Alkurruntz, Lixketa, Maulitx, Okolin, e Xuriain.<\/p>\n<p><strong>4. Recuperaci\u00f3n da vexetaci\u00f3n natural<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda que se co\u00f1ecen e se documentaron experiencias doutras rexi\u00f3ns do Norte de Europa, non se desenvolveu ningunha actuaci\u00f3n deste tipo na zona de traballo.<\/p>\n<p>Esta <strong>acci\u00f3n piloto<\/strong> que se vai desenvolver en parcelas de pequena superficie (2 m2) nunha \u00e1rea total de 500-2100 m2, en Belate e Xuriain, vai permitir comparar d\u00faas t\u00e9cnicas de restauraci\u00f3n vexetal:<\/p>\n<ul>\n<li>a traslocaci\u00f3n de tapices de esfagnos e de prop\u00e1gulos vexetativos de especies caracter\u00edsticas doutras zonas e<\/li>\n<li>a produci\u00f3n de tapices de esfagnos e de prop\u00e1gaos vexetativos en condici\u00f3ns controladas de invernadoiro para o seu posterior traslocaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Prevese traballar de modo practicamente artesanal e con especies com\u00fans dos diferentes enclaves, a\u00ednda que tanto a listaxe de especies como os condicionantes se concretar\u00e1n na propia redacci\u00f3n do proxecto.<\/p>\n<ul>\n<li>Ensaiarase a traslocaci\u00f3n de <i>Menyanthes trifoliata<\/i>, unha planta a presenza da cal se co\u00f1ec\u00eda en Belate pero que desapareceu do enclave.<\/li>\n<li>Tam\u00e9n a propagaci\u00f3n e o reforzo poboacional de <em>Carex hostiana<\/em> (en Belate e Arxuri) e de <em>Rhynchospora fusca<\/em> e <em>Spiranthes aestivalis<\/em> (en Arxuri).<\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>C.1. Restauraci\u00f3n, prevenci\u00f3n de impactos e creaci\u00f3n de infraestruturas para unha correcta xesti\u00f3n no complexo de turbeiras e h\u00e1bitats asociados da zona atl\u00e1ntica de Navarra Realizaranse catro tipos de actuaci\u00f3ns de restauraci\u00f3n para mellorar o estado de conservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats de interese comunitario 4020*, 6410, 7140 e 7150 localizados nestes enclaves. Con estas actuaci\u00f3ns tam\u00e9n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":2247,"menu_order":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","template":"page-template-left-nav.php","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-2268","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2268","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2268"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2268\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2273,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2268\/revisions\/2273"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2247"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2268"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}