{"id":2256,"date":"2014-02-26T12:19:01","date_gmt":"2014-02-26T11:19:01","guid":{"rendered":"http:\/\/www.lifetremedal.eu\/?page_id=2256"},"modified":"2014-02-26T12:24:24","modified_gmt":"2014-02-26T11:24:24","slug":"2256-2","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/life-tremedal-2\/actuacions\/2256-2\/","title":{"rendered":"Acci\u00f3n A.1"},"content":{"rendered":"<h2>A.1. Diagnose, an\u00e1lise territorial e identificaci\u00f3n de indicadores<\/h2>\n<h5><span style=\"color: #ff0000;\">Coa acci\u00f3n A1 pret\u00e9ndese reducir o grao de incerteza \u00e1 hora de establecer os pormenores dos proxectos de restauraci\u00f3n, ademais de establecer criterios de xesti\u00f3n extrapolables ao conxunto da rexi\u00f3n bioxeogr\u00e1fica.<\/span><\/h5>\n<p>Nunha primeira fase de revisi\u00f3n conxunta do estado de conservaci\u00f3n e problem\u00e1tica de xesti\u00f3n sobre os humidais nos diferentes \u00e1mbitos xeogr\u00e1ficos do proxecto, const\u00e1tase que a <strong>informaci\u00f3n m\u00ednima<\/strong> necesaria para poder actuar \u00e9 inadecuada:<\/p>\n<ul>\n<li>Existen erros e incoherencias na informaci\u00f3n inclu\u00edda nos Formularios normalizados de Natura 2000,<\/li>\n<li>tam\u00e9n na informaci\u00f3n cartogr\u00e1fica e bibliogr\u00e1fica dispo\u00f1ible,<\/li>\n<li>e resulta inadecuada a representaci\u00f3n dos h\u00e1bitats de turbeiras en Rede Natura 2000.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Nesta acci\u00f3n preparatoria vaise desenvolver unha serie de estudios co obxecto de mellorar o co\u00f1ecemento necesario para a execuci\u00f3n do proxecto:<\/p>\n<h5>a) Tipificaci\u00f3n e caracterizaci\u00f3n dos h\u00e1bitats dos enclaves do proxecto.<\/h5>\n<p><strong>Caracterizaci\u00f3n ambiental:<\/strong> Recorrerase a t\u00e9cnicas paleo-ambientais mediante a realizaci\u00f3n de transectos sobre dep\u00f3sitos naturais, en \u00e1reas cunha homox\u00e9nea e importante taxa de sedimentaci\u00f3n, susceptibles de rexistrar a variabilidade clim\u00e1tica en per\u00edodos curtos. Nelas procederase \u00e1 recollida de sedimentos org\u00e1nicos utilizando unha sonda de percusi\u00f3n. As columnas de sedimentos conxelaranse ata o seu tratamento en laboratorio seguindo as t\u00e9cnicas habituais para a recuperaci\u00f3n e an\u00e1lise dos palinomorfos e microrrestos. A dataci\u00f3n dos cores realizarase aplicando t\u00e9cnicas sedimentol\u00f3xicas isot\u00f3picas. Obtidas as secuencias, trataranse mediante t\u00e9cnicas de &#8220;hindcasting&#8221;, co fin de reconstru\u00edr os cambios da \u00e1rea de distribuci\u00f3n dos h\u00e1bitats e especies caracter\u00edsticos que conforman os humidais en cada zona, en relaci\u00f3n coa s\u00faa distribuci\u00f3n actual. A extracci\u00f3n de mostras realizarase en localidades nas que os estudios contrib\u00faan directamente \u00e1s acci\u00f3ns concretas de conservaci\u00f3n, ben na definici\u00f3n das acci\u00f3ns, na reduci\u00f3n de incerteza ou para completar os datos paleoambientais que te\u00f1en os beneficiarios do proxecto.<\/p>\n<p><strong>Caracterizaci\u00f3n f\u00edsico-qu\u00edmica:<\/strong> Realizarase mediante m\u00e9todos estandarizados nos que se incluir\u00e1 tanto a determinaci\u00f3n de par\u00e1metros<em> in situ<\/em> (concentraci\u00f3n de O2, condutividade el\u00e9ctrica, salinidade, pH e turbidez), como en laboratorio, onde se analizar\u00e1n os principais nutrientes, cati\u00f3ns, ani\u00f3ns, metais pesados, s\u00f3lidos en suspensi\u00f3n e DBO5.<\/p>\n<p>Estes traballos incluir\u00e1n o uso de tecnolox\u00eda fluorom\u00e9trica PAM polo que se achegar\u00e1n datos sobre a din\u00e1mica temporal, fenolox\u00eda e nivel de estr\u00e9s das plantas vasculares que albergan estes humidais. A avaliaci\u00f3n realizarase co obxectivo de detectar cambios que poidan comprometer a din\u00e1mica natural destas poboaci\u00f3ns. As afecci\u00f3ns sobre os ciclos t\u00e9rmicos valoraranse mediante o establecemento dunha rede de sensores para o rexistro continuo de temperatura (aire, solo, auga) e humidade (aire, solo), que se confrontar\u00e1 cos datos procedentes das estaci\u00f3ns meteorol\u00f3xicas existentes.<\/p>\n<p><strong>A cartograf\u00eda de h\u00e1bitats dispo\u00f1ible<\/strong> para os espazos obxecto de estudio completarase e actualizarase a partires da an\u00e1lise clasificatoria de imaxes de sensores remotos de alta resoluci\u00f3n (SPOT 5, Quick Bird, Ikonos), an\u00e1lise de ortofotograf\u00edas a\u00e9reas (Plan Nacional de Ortofotos A\u00e9reas) e toma de datos en campo.<\/p>\n<p>Naqueles enclaves de actuaci\u00f3n onde os h\u00e1bitats de turbeira se viron moi influenciados polos cambios de uso no territorio (especialmente coa evoluci\u00f3n da cabana gandeira) realizarase un seguimento da din\u00e1mica dos h\u00e1bitats durante os \u00faltimos 25 anos a partir dunha an\u00e1lise de cambios baseada en colecci\u00f3ns de imaxes hist\u00f3ricas de diferente natureza e resoluci\u00f3n. Isto permitir\u00e1 identificar as tendencias evolutivas e formular escenarios futuros en relaci\u00f3n co efecto do cambio clim\u00e1tico sobre h\u00e1bitats e especies, e identificar e previr os efectos de futuras ameazas para a s\u00faa conservaci\u00f3n.<\/p>\n<h5>b) Identificaci\u00f3n de indicadores para os enclaves do proxecto.<\/h5>\n<p>Os traballos de tipificaci\u00f3n e caracterizaci\u00f3n dos h\u00e1bitats permitir\u00e1n abordar a identificaci\u00f3n dos <strong>indicadores<\/strong> necesarios para a valoraci\u00f3n do estado de conservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats estudados polo proxecto nos enclaves onde se levar\u00e1n a cabo as acci\u00f3ns de restauraci\u00f3n (acci\u00f3ns C1 a C10). Estes indicadores com\u00fans servir\u00e1n para facer o seguimento conxunto do proxecto (acci\u00f3n D1) e ser\u00e1n complementados a nivel de cada enclave na medida en que sexa necesario.<\/p>\n<p>Para a identificaci\u00f3n destes indicadores traballarase tanto nos enclaves onde se vai actuar, coma noutros considerados de referencia polo seu bo estado de conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A informaci\u00f3n xerada neste apartado ser\u00e1 empregada durante o desenvolvemento do proxecto para o dese\u00f1o e realizaci\u00f3n das acci\u00f3ns concretas de conservaci\u00f3n. Tam\u00e9n ser\u00e1 utilizada con posterioridade polas autoridades competentes na Rede Natura 2000 das Comunidades Aut\u00f3nomas que participan no proxecto para a xesti\u00f3n dos espazos N2000 en Navarra e o Pa\u00eds Vasco respectivamente.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A.1. Diagnose, an\u00e1lise territorial e identificaci\u00f3n de indicadores Coa acci\u00f3n A1 pret\u00e9ndese reducir o grao de incerteza \u00e1 hora de establecer os pormenores dos proxectos de restauraci\u00f3n, ademais de establecer criterios de xesti\u00f3n extrapolables ao conxunto da rexi\u00f3n bioxeogr\u00e1fica. Nunha primeira fase de revisi\u00f3n conxunta do estado de conservaci\u00f3n e problem\u00e1tica de xesti\u00f3n sobre os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":2247,"menu_order":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","template":"page-template-left-nav.php","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-2256","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2256","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2256"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2256\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2259,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2256\/revisions\/2259"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2247"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/lifetremedal.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2256"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}